CRÓNICAS 25ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CASTRIZ A UN ENCONTRO DE SER CAMPIÓN”

 

Trala disputa da 25ª xornada da liga da Costa as cousas ainda non están por decidir en canto a promoción nin no descenso, pero si que hai cousas moi claras coma por exemplo que o Castriz de vencer a vindeira sermana, que recibe o Volantes, sería campión de liga e novo equipo da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago e que na promoción o Mazaricos xa ten o posto pracitcamente asegurado e seguirán loitando por él Porteño, Muxía, Outes, Ponteceso e Corme. Por abaixo na loita polo descenso o Camelle ca derrota o sábado ante o Cabana, (2-3), xa ten pé e medio na 3ª da Costa, e o Baiñas, pouco menos, ainda que ten máis vida xa que o Volantes non pasaba do empate ante o veciño Muros e está no aire ese posto de posible arrastre, que se fai máis real co Baio en posto de descenso na 1ª Galicia G2. Marca a salvación, se non hai máis dun arrastre o Muros, con 5 puntos sobre o Baiñas e 4 sobre o Volantes. A loita está antre estes 3 equipos.

O sábado xogáronse 3 encontros dos que tes as crónicas premendo AQUÍ.

 

Corme CF 4-3 Outes FC

Partido ca loita pola promoción en xogo e polo número de goles non da a impresión de que estivese o Outes por medio, xa que é un equipo dos difíciles de batir e dos que sabe xogar con resultados cortos para levarse algo en limpo dos campos. Adiantábanse os da Serra por medio de Yago aos 8 minutos de xogo e empataba para os cormeláns o sempieterno, Alejo, antes do descanso, (40´), pero pouco duraba a ledicia pois Chía poñía de novo aos outeses por diante para irse mandando os vestiarios. Saeu a por todas o Corme na segunda metade e consigueu darlle a volta o marcador con goles de Alejo, (63´) e Isra, (80´). Xa no descponto Keko facía o definitivo 4-3, nun choque que ben puido acabar en igualada.

 

Camariñas FC 2-2 Ponteceso SD

Un tempo para cada equipo con superioridade do Ponteceso no primeiro periodo no que se adiantaba na primeira xogada tralo pitido inicial, cun tanto de David, (1´), e que se poñía 0-2 aos 10 minutos de xogo cun gol de Raúl. Tivo ocasións como para irse cunha maior ventaxe o equipo pontecesán pero desaproveitounas. O Camariñas despertou do see letargo na segunda metade, foise a polo encontro e fíxose dono do mesmo. Djibril acurtaba distanzas a hora de xogo e Roi conseguía unha merecida igualada no treito final, (86´).

 

Peski, (centro) volveu tras superar unha complicada pubalxia.

 

CD Baiñas 0-3 CF Muxía

Non mereceu un resultado tan abultado o Baiñas ante os muxiáns, pero topouse cun Manu Nogueira que marcou a diferenza e que se levou o encontro o lado dos seus. Tralo empate sen goles da primeira metade parecía Manu Nogueira para abrir o marcador a hora de xogo. O gol non lle sentaba nada ben os locais que pronto encaixarían o segundo, por medio de Fran Moreira, (66´). Con este gol os muxiáns xa se fixeron por completo donos do choque e no desconto final, Manu faría o seu segundo particular e terceiro do equipo. Destacar a volta de Sergio “Peski”, tras superar unha pubalxia que o tivo afastados dos terreos de xogo dende a pasada tempada. tamén destacar o debút na portería muxiana do xuvenil Ángel Esperante, (na foto de blanco).

 

UC Cee 2-3 SD Castriz

Plantoulle cara o equipo ceense o lider e mereceu mellor sorte. Comezou mandando o lider que pronto se poñería por diante cun tanto de Adrián garcía, (9´). Mediada a primeira metade Bruno empataba pos ceenses. O propio Bruno voltaba a marcar na segunda metade, pero reaccionaba o lider e conseguía darlle a volta o marcador con goles de Adrián García e Sebas para poñerse a un partido de cantar o “alirón”, que podería ser a vindeira semana ante os seus no San Pedro de Castriz onde recibirán a un moi necesitado Volantes de Baño.

 

Volantes de Baño CF 0-0 CD Muros

Encontro no que mandou un equipo en cada tempo e no que puido haber varios goles por cada bando dadas as moitas ocasións que tiveron en especial o equipo que levaba o vento a favor. Non se moveu o marcador e un punto que non deixou contento a ninguén. Se cadra máis valioso para o Muros que aumenta aventaxe co descenso direto, agora a 5 puntos e sigue con 4 sobre o veciño, Volantes, en posto de posible arrastre.

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 65 

Mazaricos : 52

 Porteño : 49

 Muxía : 46

Outes : 43

 Ponteceso : 41

 Corme : 39

 Coristanco : 37

 Cabana : 37

10º Camariñas : 35

11º Monte Louro : 28

12º Cee : 27

13º Muros : 20

14º Volantes : 16

15º Baiñas : 15

16º Camelle : 11

 

-Fotos : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”