Nos tres encontros que se adiantaron na 25ª xornada da Liga da costa houbo unha vitoria local, a do Mazaricos sobre o Coristanco, (3-2), unha visitante, a do Cabana sobre o Camelle, (2-3), e u empate, o do Monte Louro e o Porteño. Con todo isto as cousas vanse clarificando. O Camelle xa perde as opcións a soñar cunha permanenza a que o condearon as numeorsas lesións, tendo que xogar, coma no día de hoxe, xogadores fora do seu sitio. Por poñer un exemplo, Dido, o “todoterreo”, deixou a zaga para xogar de punta. O Cabana con este trunfo afasta tódalas pantasmas de poñerse en problemas e xa pensa en acabar a tempada. O Mazaricos vence e co empate do Porteño en Louro, ten máis ventaxe no segundo posto pola promoción e o Monte Louro suma un puntiño máis de cara a non pasar apuros.
CF Mazaricos 3-2 SD Coristanco
Encontro igualado na primeira metade na que se adiantaban os mazariquenses por medio de Juan “Rachón” aos 33 minutos de xogo pero a reacción dos da Terra da Pataca era inmediata e un minuto despois empataba Rodrigo. Así se ían a vestiarios pero nada máis comezar a segunda metade Kevin facía o segundo dos mazariquenses. A cousa volveuse un tira e afrouxa e no 75 Iago facía un 3-1 que parecía fulminante, pero aparecía Alejandro para poñer “morbo” ata o final cun tanto no 77, dous minutos despois.
UD Monte Louro 1-1 CF Porteño
Encontro moi trabado e no que a media hora de xogo o equipo da Ponte do Porto xa levaba 3 cartóne amarelos. A primeira metade acabou cas gafas no marcador, pero aos poucos de comezar a segunda metade tamén se igualaban as cousas no conto das amonestacións e o Louro vía 3 amarelas, pero non paraba o alzamento, xa que no 55, Andrade, do Porteño, tiña que abandoar o terreo de xogo o ver o segundo na sua conta particular, e as cousas non acababan aí, pois ainda recibirían dous cartóns máis os visitantes e 3 máis os locais, con dous seguidos a Oliveira do Louro. O final, gol en propia porta de Rodrigo favorable o Porteño no 77, e empate de Óscar no desconto final para o Louro, 1-1 en goles e 7-6 en cartóns.
Así estaba o medio do campo no Rodeiro.
SD Camelle 2-3 Cabana SD
Monólogo do Camelle na primeira metade co vento a favor e no que acadou o gol de Pablo aos 19 minutos de xogo e puido irse o vestiario co 2-0. O Cabana chegou a terreo camellán en duas ocasións pero sen perigo. Na segunda metade o Cabana fíxose dono do mediio do campo e foi un puñal por ambas bandas. Dido o “todoterreo” do Camelle que xogou de dianteiro tivo nas suas botas o segundo a bocaxarro e co meta batido pero o seu disparo non acadou a dirección desexada. Ían 12 minutos da segunda metade, pero 5 minutos despois, Pablo Pose, gañáballe a partida o seu par e encarou portería, sen oposición e con grande calidade entraba no pico do área por banda esqueda e buscáballe o segundo pau o porteiro dos camelláns, Roi. Cun medio do campo tremendamente enfangado que parecía plastilina o Cabana sigueu gañándolle a partida aos locais, máis acostumados a este tepe, e por medio de Sergio acadaban a remontada, no 75. A desesperada e con máis corazón que cabeza os camelláns buscaban o empate e reclamaron dous penaltis. O primeiro era unha posible falta sobre Dido, pero que foi fora do área. O segundo unhas mans craras dun defensor cabanés, que o colexiado Vitor Recarei entendeu como que o balón víñalle de rebote da sua propia perna, pero que os camelláns entenderon que lle deu diretamente na man e beneficiouse deste eido para despexar o balón. Nunha boa xogada por banda dereita Migui desbordaba e íase cara o interior e batía o meta camellán cun disparo inapelable. Feridos no orgullo os camelláns fóronse arriba e conseguiron poñerse 2-3, cun tanto raza de Sergio. Buscaron a igualada pero esta non chegou, nun encontro no que creeron na vitoria e no que o Cabana practicamente alonxa os medos a meterse en problemas.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”