CRÓNICAS 21ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O LIDER XALLAS NON FALLA E SI QUE DESAPROVEITAN OS PINCHAZOS OS QUE ESTÁN AS PORTAS DA PROMOCIÓN”.

 

Por arriba todo queda igual, ou moi parecido trala disputa da 21ª xornada da 3ª da Costa. O sábado o Soneira goleaba a domicilio ao Atlético pereiriña, tal e como xa vos contamos, (0-5), polo que o lider Xallas, se quería manter esa tremenda ventaxe de 13 puntos tiña que facer o propio e fíxoo, ademáis remontándolle o gol inicial do Buño, obra de Eloy, a media hora de encontro, con goles dos veteranos Doro, por partida dobre, (60´e 69´) e Adrián Forján, (71´), en 11 minutos fulgurantes dos xalleiros.

 

O Cerqueda que disputou de inicio ante o Sofán B.

 

O Sofán B tamén tiña que gañar para seguir a un punto dos vimianceses na loita pola segunda praza e así o fixeron, con apuros derrotaban ao Cerqueda, (1-2). Adiantábase o equipo de Barca por medio de Nacho tras un saque de banda no que os cerquedenses non estiveron finios. Na segunda metade Palermo empataba para un Cerqueda que facía moito dano a contra, pero xa no treito final, Daniel Calvete marcaba tras un rexeite. Os cerqudenses pediron un penalti e foilles anulado un tanto nos derradeiros minutos.

O Corcubión foi mellor co Lira na primeira metade e poñíase 2-0 con goles de Fuentes e Víctor, (30´e 44´). O Lira a contra creou perigo pero non sería ata o treito final cando Aarón facía o 2-1, con tempo para empatar pero non chegaría un empate que non sería de extrañar.

O Oza despois da “ameaza” de deixar  a liga por non estar de acordo co trato que está a recibir, voltaba a sorrir e goleaba o Sporting Seaia a domicilio, (1-5), para colocarse na 5ª praza xon 3 puntos sobre o Malpica que perdía e que é quen marca a derradeira praza de promoción. A primeira metade foi igualada ainda que os seaieses sairon durmidos e vían como en 7 minutos xa perdían por 0-2 con goles do ocense, Hugo. Pasada a media hora de xogo Camilo acurtaba para os de Seaia, pero na segunda metade a pesares de que se cantaba a igualada loca, era o Oza quen voltaba a marcar por medio de Edu pasada a hora de xogo, un tanto que sentou mal os locais que vían como a pesares da sua brega estaban a sufrir cada vez que lles chegaban. Nacho e Moreno completaban a goleada no treito final e cos seaieses xa moi cansos do esforzo por igualar a contenda. 

Derrota ante o Laxe do Malpica, que a pesares diso sigue mantendo a posición de promoción e a diferenza de puntos co Liras, (2) e co Cerqueda, (3), xa que estes tamén perdían nesta xornada. Tamén se beneficia da derrota dos malpicáns o Sporting Zas, que descansaba, e está a 6 puntos pero cun encontro menos. O malpica adiantouse por medio de Crístian, pasada a media hora de xogo e vía como Samuel empataba para os laxenses antes do descanso. Os malpicáns protestaron como legal un gol que se lles anulou antes do descanso. Na segunda metade Samuel conseguía a remontada para os laxenses, tanto moi protestado polos de Malpica. Cos malpicáns a procura do empate chegaba nunha contra o gol do definitivo 3-1, popr medio de Rubén Sánchez.

Prácido encontro para o Nantón no “As Fontiñas”, un chqoeu dominado de principio a fin e no que o descanso o resultadoera de 4-0, con goles de Javi Muiño, redondo, (2) e Tato. O Ameixenda non reaccionou e recibiría outros 4 no segundo perido, obra de Redondo,  Tato, Iván e Carlos.

 

CLASIFICACIÓN

Xallas : 56 

Soneira : 43

Sofán B : 42

Corcubión : 36

Oza : 35

Malpica : 32

Lira : 30

Cerqueda : 29

Zas : 26

10º Seaia : 25

11º Laxe : 23

12º Buño : 20

13º Pereiriña : 16

14º Nantón : 7

15º Ameixenda : 0

 

-Foto : UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”