CRÓNICAS : VITORIAS CON GOLEADA DO SONEIRA E O CORISTANCO NOS ENCONTROS XOGADOS NA TARDE DO SÁBADO.

Liga da Costa

-21ª Xornada-

CD Baiñas 0-4 SD Coristanco 

Encontro máis igualado na primeira metade e no que se adiantaban os coristanqueses no ecuador deste primeiro periordo cun tanto de Camián, non foi ata antes da hora de xogo cando Dani Castiñeiras poñía terra de por medio, un tanto que lle sentaba mal os baiñeses que pouco despois encaixaban o terceiro, obra de Rodrigo e que xa cortaba calquer atisbo de reacción. Dani repetía no treito final para o definitivo 0-4. Con esta vitoria o Coristanco continuará na 9ª praza con 30 puntos a 1 do Camariñas e Ponteceso, que xogan na tarde deste Domingo. Pola sua banda o Baiñas podería voltar a praza de colista se o Camelle puntua.

Goles : 0-1, Damián, (24´); 0-2, Dani Castiñeiras, (55´); 0-3, Rodrigo, (60´); 0-4, Dani Castiñeiras, (82´).

Árbitro : Alejandro Tato. Amosulle cartón amarelo os locais, Ruli e Fabián, e o visitante Dani Loureiro.

 

3ª da Costa

-21ª Xornada-

Atlético Pereiriña FC 0-5 Soneira SD

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, goleada do Soneira nunha gran segunda metade na que lle pasou por enriba aos de Pereiriña que quedaron sen argumentos para tratar de parar os vimianceses. Moitas baixas no equipo local que chegou o encontro con tan só dous recambios no banco. Con esta vitoria o Soneira chega aos 43 puntos cos que continuará na segunda praza a 10 do Xallas que xoga hoxe. O Pereiriña non se moverá da antepenúltima praza xa que lle leva 12 puntos ao Nantón, que está por detrás.

Goles : 0-1, Ángel, (50´); 0-2, Alberto “Vía”, (63´); 0-3, Alberto “Vía”, (67´); 0-4, Mouzo, (80´); 0-5, Fernando, (88´).

Árbitro : Adián. Amosulle cartón amarelo os local, Augusto.

 

AXENDA COMPLETA DO FÚTBOL DA COSTA SENIOR MASCULINO E FEMININO E VETERANOS : PREME AQUÍ.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies