CRÓNICA : O MIÚDAS LÉVASE O DERBI CO MAZARICOS, (0-3), NO ENCONTRO ADIANTADO O SÁBADO DA 15ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G4.

Convocatoria do Mazaricos para este encontro.

 

CF Mazaricos Femnino 0-3 ED As Miúdas

Este sábado xogouse o único encontro do fútbol feminino con equipos da costa, e tal como vos apuntábamos na axenda, o Mazaricos recíbía ao equipo muradán da ED Os Miúdos. Aquí vos deixamos a impresión de Borja Busto, do encontro, e a espera de que nos chegue a do adestrador muradán, que a colhgaremos aquí, e no global do resto de crónicas o vindeiro martes.

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : ” Partido competido onde as Miúdas levaron o peso da primeira parte. Dominaron o medio campo e pronto conseguirían un gol de xogada ensaiada de córner. Xusto despois deste gol Claudia case marca cun tiro raso, pero a sua porteira estivo moi acertada. Nos seguimos presionando timidamente pero as internadas de Jirra non acababan en perigo. Nun rexeite ao borde da área marcaron o segundo gol dun tiro lonxano. Chegamos ao descanso co 0-2 en contra. Na segunda metade repuxémonos un pouco no medio campo, pero nn foi suficiente, tivemos oportunidades en diversas saídas da súa porteira, pero en ningunha estivemos acertados. As Miúdas marcarían o terceiro tras unha contra, ao rexeite dunha falta na frontal. Mandarlle ánimos a súa xogadora Saray, que saeu lesionada no minuto 19″.

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Nada, a estas alturas como todos os equipos pois hai moitas baixas e desta tocoulles as máis novas tirar do carro. Destacar que saimos coas tres infantís convocadas coa Selección da Costa Sub 14, (Alba, Ximena e Elba), e foron elas as que levaron o peso e ritmo do partido, marcando un gol Elba, e outro Alba. Empezamos cun gol de corner no minuto 9 de Elba. Despois sobre o 20 outro gol de Alba desde a frontal.
E sobre o 59 marcou Sofía. Un partido no que xogamos bastante acorde o que buscamos destacando a clase das tres infantís que deron un recital. Tamén o Mazaricos puido facernos algo de dano pero a porteira nosa estivo moi acertada. Destacar a importante lesión da nosa Saray que mancou un xeonllo”.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Fátima, Valeria Gascó, Antía, Silvia, Tamara, Lúa, Hermida, Ánxela e Jirra.
Tamén xogaron: Leire, Katia, Buján, Saray e Antelo.

ED As Miúdas : Adriana, Uxía, Elba, Alba, Claudia, Sofía, Saray, Marina, Paula, Marcela e Ximena. Tamén xogaron : Bárbara, Clara, Ana, Carlota e Naiara.

Goles : 0-1, Elba, (9´); 0-2, Alba, (29´); 0-3, Sofía, (54´).

Incidencias : Saeu lesionada nun xeonllo a xogadora do ED As Miúdas, Saray, a cal lle desexamos unha pronta recuperación.

 

Axenda de todo o Fútbol da costa para esta fin de semana : PREME AQUÍ.

 

 

 

-Foto : Borja Busto

-Texto : piratasdemuxia/adestradores