Xornada con tan só 1 encontro este sábado, dun total de 41 que se xogan nesta fin de semana do 4 e 5 de Xaneiro, antre as ligas dos senior masculinos e femininos, e as duas ligas de veteranos. No que se refire a 3ª da Costa hai un moi interesante Xallas B-Porteño, para ver a reacción do lider trala perda do máximo goleador de Galicia, Lucas Caamaño, nun feudo dos complicados. Na Liga da Costa temos dous derbis de campaniñas, o Ponteceso-Corme e o Camariñas-Muxía, un choque no que os muxiáns non poden fallar, e os camariñáns tratarán de gañar para ademáis de consolar a afección, seguir arriándose a loita poloa scenso. O lider San Lorenzo ten un visitante incómodo, como é o Muros, e mirará de reollo aos dous derbis. Na 1ª Galicia G2 ACosta/Santiago, hai un par de derbis, o Esteirana-Soneira, e o Baio-Dumbría. En Preferente ver se hai reacción do Sofán e o Fisterra que xogan como locais e ambos veñen de caer derrotados a pasada semana no inicio da 2ª volta. Nas ligas femininas destacar o derbio Mazaricos-Miúdas…
…Tralos encontros tódolos resultados e despois as crónicas, como cada semana.
Crónica do SD Camelle 2-1 CD Nantón : PREME AQUÍ
PREFERENTE NORTE
-19ª Xornada-
SD Sofán-SD Sarriana
Domingo 05/02/2023 ás 17:00 horas
SD Fisterra-CD As Pontes
Domingo 05/02/2023 ás 17:00 horas
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es