CRÓNICA : ASÍ ACABOU A 1ª GALICIA DE VETERANOS E ASÍ SON AS SEMIFINAIS POLO ASCENSO.

 

Rematou a 1ª Galicia de Veteranos da Costa e tal como vos avanzábamos na previa tan só faltaba saber se o campión, Atlético Carballo, remataba a tempada con pleno de vitorias e vaia se o fixo. Despideuse cun contundente 11-1 ante o CD Nantón, para celebrar cos seus afeccionados unha vez máis a consecución do título e o ascenso a División de Honra de Veteranos no seu primeiro ano de existencia e con 66 puntos de 66 posibles, 135 goles a favor e tan só 18 encontra, e ademáis de ter nas suas filas o máximo goleador da competición, Iván Rojo, con 51 goles en 21 encontros, dos que tan só 2 foron de penalti e cunha media de 2´43 goles por encontro. O final abasallaron e leváronse tódolos títulos posibles nunha liga, (campión, zamora e pichichi).

Acompañará ao Atlético Carballo a vindeira tampada na División de Honra o seu veciñoCF Cances, que tamén cuaxou unha tempada excelente, pero topouse cun veciño intratable. Os da Parroquia de Cances golearon a domicilio ao Veteranos SCD Malpica.

Faltaba saber nesta derradeira xornada saber a órde na que quedaban os 4 equipos que xa estaban clasificados na promoción de ascenso e o final o SD Fisterra de Veteranos empataba co Club Veteranos Leiloio, (3-3) e este punto valíalle para manter a terceira praza, aproveitando a derrota do Malpica co subcampión, o que os deixaba na cuarta praza. No 5º chanzo quedaba o CF Mazaricos que no duelo por esta praza co SCD uño derrotaba aos oleiros por 0-2.

 

O Buño recibe o Fisterra no “Xaviña”.

 

-SEMIFINAIS-

-IDA-

 

SCD Buño-SD Fisterra de Veteranos

Campo : Xaviña, (Buño)

Día : Domingo 14/04/2024

Hora : 10:00 horas

Árbitro : David Cancela García

 

CF Mazaricos-Veteranos SCD Malpica

Campo : Peña d´ouro, (Pino do Val/Mazaricos)

Día : Domingo 14/04/2024

Hora : 12:00 horas

Árbitro : Pablo Rama Cotelo

 

-Foto : Juan Abelenda

-Montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”