O pasado Domingo xa vos traíamos un adianto de que o Atlético Carballo SD facíase co título da Campión da 1ª Galicia de Veteranos da Costa, ao derrotar o CF Cances por 5-2. Tal como vos adiantábamos na previa do pasado venres o Atlético chegáballe con gañar, empatar ou ata perder por 1 gol de diferenza ante o seu veciño, que o acompañará a vindeira tempada na División de Honra de Veteranos da Costa, cousa que xa lograran ambos fai varias semanas, cunha diferenza de 27 e 15 puntos de diferenza, respectivamente, co terceiro, SD Fisterra, con 6 puntos por disputar.
Tamén hai que dicir que o Cances, que só perdeu 3 encontros e 2 foron ante o campión, fixo unha gran tempada pero topouse cun Atlético Carballo fora do normal. Agora nas duas xornadas que restán o campión buscará rematar a liga cun pleno de vitorias e co trofeo de “Zamora” no peto con 17 goles en contra polos 27 que encaixou o Cances, segundo menos goleado neste eido, agora falla saber quen será o máximo goleador da liga con Iván Rojo do campión, e Miguel Torres do subcampión, con 42 goles acadados ambos. Rojo en 19 encontros xogados e Torres en 20, e ambos só marcaron 1 de penalti.
O campión celebrou o título tralo encontro.
O PARTIDO
Atlético Carballo SD 5-2 CF Cances
O campión meteu a direta e foise a polo seu veciño e único adversario e aos 24 minutos de xogo xa gañaba por 3-0 con goles de Iván Rojo, que ainda completaría un “poker” na segunda metade. A volta de vestiarios Alex Figueiras fixo o cuarto e pouco despois o cuarto de iván e quinto do lider. Baixaron o ritmo e a esppera da festa e o cances fixo os seus dous goles por medio de Miguel Torres.
Atlético Carballo SD : Julián, Muñíz, Fernández, Álex Figueiras, Omar, Bolón, Taboada, Iván Rojo, Iván Rey, Mol, Rubén. Tamén xogaron : Castro, Fuentes, Miguel Varela, Trigo, Alejandro, e Crístian.
CF Cances : Alvite, Amado, Pablo, Fran Torres, Miguel Torres, Dani Varela, Álvaro, Raúl, Dani García, Pombo e Espasandín. Tamén xogaron : Juan Trigo, Méndez, Bernardo, Óscar, José Pombo e Núñez.
Goles : 1-0, Iván Rojo, (11´); 2-0, Iván Rojo, (19´); 3-0, Iván Rojo, (24´); 4-0, Álex Figueiras, (48´); 5-0, Iván Rojo, (53´); 6-0, Miguel Torres, (77´); 5-2, Miguel Torres, (85´).
Árbitro : Chrístian Sendón. Expulsou por dobre cartón o xogador do Cances, Amado, (65´e 90´).
O CAMPIÓN
Atlético Carballo SD
-Fundado : 2023
-Partidos gañados : 20 de 19 xogados
-Goles a favor : 116
-Goles en contra : 17
-Máximo goleador : Iván Rojo con 42 en 19 encontros, (1 de penalti).
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Atlético Carballo SD, xogadores, técnicos, diertivos, axudantes e afeccionados.
-Foto : FaceBook “Bisbarra En Xogo”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”