CRÓNICA 20ª XDA DA LIGA DA COSTA : “CASTRIZ, MAZARICOS E MUXÍA SUFREN PERO GAÑAN E SIGUEN NA LOITA POR ARRIBA. POR ABAIXO O VOLANTES AMEAZA”.

 

Nada novo por arriba na loita polo título na que o Castriz sumaba a 16ª vitoria do curso e alcanzaba os 50 puntos tras derrotar, non sen apuros, ao Monte Louro cun tanto de Iván Facal no 50. Por detrás o Mazaricos derrotaba ao Camelle o sábado, un equipo o camellán que estrea posición de colista por golaveraxe co Baiñas, que daba a sorpresa ante o Outes ao que derrotaba pola mínima cun tanto de Kevin aos 20 minutos de xogo, pero que logo soubo defenderse ante os da Serra que curtan unha xeira trunfal.

 

O Mazaricos derrotaba o Camelle o sábado.

 

O Muxía, terceiro da liga con 42 puntos a dous do Mazaricos, e na loita pola praza que ocupan os mazariquenses, que da opción a promoción, tamén suaba para levarse os 3 puntos, desta volta ante o Muros, que con 15 puntos está en posto de posible arrastre, pero fora do descenso direto e que conseguía remontar no comezo da segunda metade, en dous minutos, o gol inicial dos muxiáns obra de Fran Moreira no ecuador da primeira metade. Xaco en duas ocasións batía a Domingo, (49´e 50´). Tivo que enfundarse o mono de traballo ante as inclemencias metearolóxicas e a defensa muradana o equipo muxián e conseguía remontar por medio de Isma Pose, (67´), e Mauro Romaní, (81´).

Por detrás continúa na cuarta praza con 36 puntos e a 6 dos muxiáns e 8 da promoción, o Porteño que caía no seu feudo ante o Cee que lle remontou un 2-0 que acadara o equipo da Ponte do Porto os pouco do comezo da segunda metade con goles de Alan e Darío, (50´e 54´). Carlos Trinidad, (65´), Bruno, (84´) e Ezequiel, (90´), conseguían os goles da remontada ceense para deixar terra de por medio cos postos de arrastre a 3ª da Costa, con 26 puntos e na 10 praza.

O Volantes de Baño daba a sorpresa no Cairo e derrotaba ao Corme pola mínima cun tanto de Pesco nos derradeiros intres do encontro. Con esta vitoria os de Baño xa teñen o Muros a un punto. Os veciños ainda que en posto de posible arrastre, son os que marcan a salvación no caso que baixen os 3 fixos. O Corme segue na 6ª praza con 32 puntos, e acércaselle o veciño Ponteceso a 1 tras derrotar os da Terra de Pondal ao Cabana, (2-4), nun choque no que non se decideu nada ata o treito final pois se se adiantaba aos 20 minutos o Ponteceso por medio de Eloy, empataba a volta de vestiarios Simón para os cabaneses. Respondía de novo o equipo pontecesán cun tanto de Daniel Cotelo, e voltaban a empatar os de Cabana por medio de Manuel Romero, (82´). Trigo no 87 e de novo no desconto facía o definitivo 2-4. O derradeiro gol de penalti.

Tamén se acerca a un punto do Corme o Camariñas e vese superado polo Ponteceso por golaveraxe, (ambos con 31 puntos). Os camariñáns empataban na casa do Coristanco, (1-1), no que deixaban irse os 3 puntos no desconto, pois se Moriñoa facía o 0-1 antes da hora de xogo, non era ata o tempo de desconto final cando Sergio poñía as táboas no marcador. Suma con esta igualada o equipo coristanqués a sua 9ª no que vai de liga, e con tan só 5 derrotas. Tanto empate impiden que os da Terra da pataca non estén loitando arriba do todo. Destacar do encontro ademáis das numerosas baixas os 4 expulsados que houbo, 2 por bando ainda que polo que nós contan o encontro foi limpo a pesares deste dato.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión

-Texto : Xosé Búa “Pirata”