LIGA DA COSTA : MAZARICOS 3-2 CAMELLE : “O MAZARICOS VOLVEU A SUFRIR ANTE O CAMELLE”.

 

Xogouse no “Pedera d´ouro” do Pino do Val o único encontro adiantado o sábado do fútbol da costa senior. O Mazaricos segundo clasificado tralo Castríz, recibía a un Camelle que na primeira volta foi quen de no desconto e cando ía perdendeo 4-1 foi quen de igualarlle o marcaodr. Dende aquela os mazariquenses loitan polo ascenso diereto e os camelláns viven na desidia do descenso pero o encontro trouxo vellas pantasmas os mazariquenses pois os camelláns no 87 poñíanse 3-2, e de novo cun gol de drián Pasantes, pero desta volta non se repiteu a historia e os de Mazaricos presionan o lider e mañán Domingo verán con tranquilidade o que depare a xornada e os camelláns seguirán pregando que todo troque no que queda de tempada. O Mazaricos ponse con 44 puntos a 3 do lider, Castriz, e 5 por enriba do Muxía, (3º). O Camelle sigue penúltimo con 11, os mesmos co Volantes que o precede e a 4 puntos do Muros que ainda que está fora do descenso direto está en posto de arrastre.

 

CF Mazaricos 3-2 SD Camelle 

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido no que nós non xogamos o fútbol que xogamos habitualmente, de feito que vimos de dous encontros moi bos por nosa parte. A verdade e que hoxe as condicións do campo non eran moi boas, de feito eles teñen unha moi boa con parada do noso porteiro, que o árbitro entende que da no longueiro e da saque de porta. Despois nós marcamos nunha xogada individual do noso capitán, resultado co que imos o descanso. Nada máis comezar a segunda metade marca,os o segundo cun gol de Rachón de cabeza e a partires de aí fomos dominadores do encontro e con tiros de Rachón e Chiqui que foron fora, pero o encontro en liñas xerais, feo. Eles foron fortes a balón parado. Chiqui fixo o 3-1 de penalti e eles o 3-2. Tiveron unha que podería ser gol pero para nun xogador deles. Quedarnos co positivo, que son os 3 puntos, e seguir traballando para xogar como facíamos habitualmente”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido moi serio o que lle fixemos ante o Mazaricos donde eles levarían o peso do partido con chegadas pero sin ocasións claras na primeira parte. Nós teríamos un par delas boas cun tiro fora da área e cun man a man que o porteiro parou. Eles poñeríanse por diante nunha xogada no único fallo que tivemos nun mal despexe. Na segunda parte eles apretarían un pouco máis con tres chegadas con perigo. Marcarían o segundo nun centro que Rachón acerta a rematar moi ben de cabeza. Tras isto sacaríamos o xenio e empezamos a ter algo máis de chegada, e nun ida e volta en ocasións lograríamos recurtar distancias cun gol de Dido. Eles marcarían o terceiro de penalti, e a falta de 5 minutos nos recurtaríamos distancias nun remate de corner de Adrián. Apretaríamos ata o final pero o marcador non se movería”.

 

AXENDA DE TODO O FÚTBOL DA COSTA : PREME AQUÍ

-Texto : Xosé Búa Pirata/Adestradores

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión”