O Muxía visita o Ponteceso e o Castriz o Camariñas na Liga da Costa.
Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos. Referímonos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo), na Liga da Costa e 3ª da Costa, (ambas con tódolos equipos costeiros) e na 1ª Galega Feminina G1, (Xallas, Cee e Miúdas), e 3ª División Galega Feminina G2, (tódolos equipos da costa menos 3). Se non temos erros nas nosas táboas, tódolos encontros se xogan mañán Domingo, unha cousa que se repite por segunda semana consecutiva.
Destacar na 1ª Galicia de Veteranos o encontro Atlético Carballo-CD Cances, primeiro contra seguindo e no que o Atlético Carballo pode proclamarse campión de liga a falla de duas xornadas para o final, se gaña, empata ou perde por un gol.
Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ
Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47
Pronóstico do tempo
Hoxe o vento será do sur con maior intensidade antre as 16;00 a 19:00 horas e con chuvia moiniña en especial nesas horas de maior forza de vento. Para mañán Domingo hberá calma con vento suave de sur pola mañán e de oeste dende o medio día o que fará que cain chubascos copiosos que serán intermitentes pero fortes. Irán remitindo a partires das 19:00 horas.
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Marina Busto