ASÍ ESTÁN AS COUSAS NESTE FINAL DE 2022 NA 3ª DA COSTA, QUE SE REINICIARÁ CA DISPUTA DA 2ª XORNADA DA SEGUNDA VOLTA.

O Porteño amosa mellores números co ano pasado.

 

O pasado día 18 de Nadal xogábase a derradeira xornada do 2022 e a prim eira da segunda volta, na que as cousas están moiclaras, o mellor equipo da liga é o CF Porteño, e xa non eso, senón que é o mellor equipo, en números de todo o fútbol senior da costa.

Os de Javi Baña, sumaron 40 dos 42 puntos posibles, nas 14 xornadas disputadas, e atesouran nada menos ca 55 goles a favor e 17 en contra, uns números aos que ninguén se acerca, e se o ano pasado xa foron un dos equipos punteiros e que fixo méritos para o ascenso, este ano superan con creces o pasado ano.

 

Se na Liga da Costa o San Lorenzo lles leva 9 puntos aos seus perseguidores, (Muxía CF e Corme CF), os da Ponte do Porto lévanlle 7 ao segundo, (CD Baiñas), e 9 o terceiro, (SCD Buño), xa que nesta liga hai máis igualdade ca na Liga da Cotsa, na parte alta.

Unha liga a deste ano que está moi fermosa, por fin, tralos fiascos de anos anteriores, cos patéticos sistemas de competición, que chegaron a ter 3 voltas, 4 voltas, liga conxunta e logo partida para decidir os ascensos. Sistemas decidos unha noite da copas. Chegou a ter esta liga a ta 4 ascensos e dous descenso da Liga da costa, para chegar a ser tan só 9 equipos o ano seguinte.

 

Lucas Caamaño.

 

Os da ponte do Porto teñen duas “armas letais”, Álan Suárez, e Lucas Caamaño  dous xoves, un criado no céspede porteño, e o outro a camiño antre a Ponte e Carballo, oinde militou varias campañas na base do Bergantiños FC.

Lucas do Panadeiro, suma a frioleira de 22 goles, sendo o “killer absoluto” do fútbol da costa, e o seu compañeiro Álan, 13, sendo uns dos grandes responsables da forza do equipo porteño, pero tamén hai que ter en conta que os seus compñeiros fixeron outros 20, que tamén é unha boa cifra, comparable ao total de varios equipos costeiros.

Por detrás veñen o CD Baiñas, (33 puntos) e SCD Buño, (31), pero ainda se poden sumar equipos coma o Sporting Zas, Atlético Pereiriña FC, SD Camelle, SD Laxe ou CF Lira, que xa suman 20 puntos, ou por enriba deles. En principio e mentres o CF Porteño non derrape, parece que todos estes loitarán pola segunda praza, que da opción ao ascenso direto, xunto co campión.

Aquí non hai descensos, pero destaca a situación no plan negativo, do SCD Malpica, colista, con só 2 puntos. Un histórico da costa que chegou a xogar na 3ª División no 2000, e que agora ocupa o lugar máis baixo posible.

Volta a competición o día 8 de Xaneiro.

A primeira xornada do 2023 que terá lugar o Domingo 8 de Xaneiro, (podería haber algún o día 7, pero ainda non hai horarios oficiais), preséntase con encontros teoricamente asequibles para tódolos da parte alta, (sobre o papel), sen ningún enfrontamento direto.

 

 

 


 

 

-Foto Lucas : Javi Baña

-Texto e Fotos : piratasdemuxia