ASÍ ESTÁN AS COUSAS NA LIGA DA COSTA NESTE FINAL DE ANO.

Cee-Muxía, prato forte do inicio de ano.

 

Falta un encontro para rematar a primeira volta na Liga da Costa, e o SD San Lorenzo vai destacado sobre todos, con 9 puntos sobre o Muxía CF e o Corme CF.

Os de Berdillo polo de agora amosan un gran podería, dos 14 encontros xogados gañaron 12 e tan só perderon 2, polos 3 de muxiáns e cormeláns. Caeron na primeira xornada ante os do Roncudo, (2-3), e na 9ª ante o SD Castriz, (4-1), encadeando dende esa derrota 5 vitorias seguidas, marcando 11 goles e encaixando tan só 3.

Os da Vila da Barca tiveron un comezo de tempada malo, pero nas derradeiras xornadas foron parecéndose ao equipo que o ano pasado se quedou fora do ascenso pola miseria de sistema de competición, quedando por golaveraxe sen ascenso, en detrimento do SCDR Esteirana. Os cormeláns descenderon da 1ª Galicia, e dixeron adeus varios dos xogadores míticos do equipo, pasando a presentar un equipo moi xove, con moitos xuvenís, que xogan ata 2 encontros a semana, falta ver o que aguantarán os rapaces, que o están a facer moi ben.

Coa táboa na man, o que pode engancharse aos de arriba é o UC Cee, así coma o SD Castriz e o Camariñas FC. Pola contra o Outes FC que comezou sendo a revelación, sendo un equipo imbatible, desinflouse mediada a primeira volta e segue en caida libre.

Ascende direto o primeiro, e o 2ª e 23ª xogarán uin Plat-Off contra 6 equipos de Santiago, co sistema de copa, ascendo un só equipo, o vencedor final. 

Volta a competición o día 8 de Xaneiro.

A primeira xornada do 2023 preséntase con encontros moi apetitosos, cun derbi SD Oza-SD San Lorenzo, e cun UC Cee-Muxía CF, encontro para ambos moi importante, cos ceenses a 4 puntos dos muxiáns, que van segundos por golaveraxe. Os ceenses levan unha racha de fin de ano titubeante, con unha detrrota, 2 empates e unha vitoria no derradeiro mes de competición. Os muxiáns non coñecen a derrota desde o 17 de outubro e levan 3 vitorias consecutivas.

Tamén é moi importante o Corme CF-CD Muros, pois os muradáns porán a proba aos cormeláns, xa que os de Muros levan 6 encontros sen coñecer a derrota, con 4 vitorias e 2 empates, acadando como visitantes duas vitorias e 1 empate.

Por abaixo o debutante SD Oza é o colista, pero as cousas non están moi separadas, pois por enriba a 1 punto ten o UD Cerqueda, que nestes intres sería o que baixaría cos ocenses, xa que baixan dous diretos e logo todo depoende dos arrastres, dos equipos que temos na 1ª Galicia G2. A dous puntos do colista está o Volantes de Baño, que xunto cos cerquedenses son a sorpresa negativa desta primeira volta, e máis tendo en conta que os de Baño, son equipo recén descendido da 1ª Galicia G2.

Logo nun pano, a tan só 4 puntos do descenso están un grupo de equipos empatados a 15 puntos, (Corcubión, Ponteceso e Coristanco), e cun punto máis ca estes o Monte Louro, polo que a cousa vai a estar moi reñida.

 

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies