YEREMAY HERNÁNDEZ AMOSA A SUA HUMILDADE E O SEU CARIÑO O DEPOR E RENOVA ATA 2030.

 

Tiña contrato ata 2027 e cunha clausula de rescisión de 5 millóns de euros e que pasaría a 20 millóns se o equipo ascende a Segunda División. Sobrábanlle as ofertas de equipos da Primeira e Segunda División, pero como él di : “Cheguei con 14 anos e o  Depor significa moito para min,  foi o apostou por min, o clube que criou, o que me cuidou, que me deu un sitio onde estudar, e agora que levo anos aquí é o mellor que me pasou na miña vida”.

Yeremay renova ata 2030 e fálase dunha clausula de 50 millóns, cousa que non trascendeu, (Soriano só dixo que é alta), si trascendeu que segundo vaia subindo escalóns o clube tamén irán subindo para o xogador. “Espero estar aquí ata 2030 e vivir cousas bonitas con todos”, foi outra das frases de Yeremay no acto de presentación da sua renovación, que podedes ver no vídeo, (Salta ata o minuto 20´30, xa que a rolda de prensa dilatouse no tempo).

Este paso adiante de Yere é un acto de humildade e cariño o clube que o formou, non como moitos que se foron coma “ratas”, e sempre ca cantinela de que non se apostaba pola canteira, auspiciada por medios de prensa e ex xogadores. A Bergantiños, Villares, Yeremay, ou Mella, ninguén lles regalou nada e pasaron por adestrador sibilinos, pero aguantaron e deron todo da sua parte a pesres de oir cantos de serea.

Gracias a Yeremay e noraboa a Soriano, ao que defendemos sempre, nas malas e seguimos nas boas, pois ocmo xa dixemos en moitas ocasións, é un home que coñece o fútbol e que ven do fútbol, e que non ten nin tivo culpa de que dende a xornada 4 se lle caese medio equipo, en especial arriba, e que está amarrando a tódolos xoves valores, xa dende que se asentou no posto.

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”