XALLAS FC-ED OS MIÚDOS FINALISTAS DA “COPA DA COSTA INFANTIL”.

 

XALLAS FC-ED OS MIÚDOS FINAL DA “COPA DA COSTA INFANTIL”

O ED OS MIÚDOS PASA A FINAL NOS PENALTIS

Onte venres xogouse o primeiro encontro da volta da semifinal da “Copa da Costa Infantil” que enfrontaba ao Xallas FC e ao SD Fisterra. Os xalleiros xa traían unha ventaxe de 2-4 do encontro de ida, tal e como vos informamos na crónica o pasado luns. Non tivo tregua o equipo xalleiro co fisterrán e goleabao por 10-3 para dar o salto a final do vindeiro día 22 de Xuño. Na mañán de hoxe eran UC Cee e ED Os Miúdos os que loitaban por un sitio na final para enfrontarse aos xalleiros e foron os muradáns os que deron a sorpresa, pois si empataban no derradeiro suspiro do encontro en Muros, na mañán de hoxe conseguía empatar cos ceenses , pero desta volta tornábanse as cousas i eran eles os que se daintaban cun tanto de Ángel no 71´, con 9 minutos por diante para levarse a eliminatoria, (lembrade que nesta categoría os tempos son de 40 minutos), pero no derradeiro minuto de tempo de xogo reglamentario, (80´), Roberto empataba para os ceenses campións da pasada liga. Tivo que dirimirse nos penaltis quen pasaa a final e nese eido foron mellores od e Muros. A final será o vindeiro sábado 22 de Xuño no San Andrés de Zas,  ás 11:30 horas, (parece que non debe haber máis campos na costa. Non temos nada contra Zas, que eles non teñen culpa ningunha, pero debería trocarse cada ano, para dar opción a outros campos, afeccións e cercanía cos equipos). 

ENCONTROS

 

XALLAS FC 10-3 SD FISTERRA

Día : Venres 14/06/2019

Campo : San Pedro de Castríz, (Castríz-Santa Comba)

Árbitro : David Vázquez Lema

Resultado da ida : 2-4

Resultados en liga : SD Fisterra 2-5 Xallas FC; Xallas FC 6-0 SD Fisterra

Posto en liga : SD Fisterra  : 7º con 57; Xallas FC : 3º con 79.

Goles encontro de volta : 1-0, David, (5´); Luis, (17´); 2-1, Mauro, (23´); 3-1, Luis, (26´); 4-1, David, (37´); 5-1, Jesús, (43´); 6-1, David, (48´); 7-1, David, (52´); 8-1, Daniel, (57´); 9-1, Manuel, 10-1, David, (67´); 10-2, Juan, (71´); 10-3, Martín, (79´).

UC CEE 1-1 ED OS MIÚDOS

Día : Sábado 15/06/2019

Hora : 11:00 

Campo : San Paio de Refoxos

Árbitro : Manuel Espasandín Romar

Resultado da ida : 1-1

Resultados en liga : UC Cee 0-1 ED Os Miúdos; ED Os Miúdos 0-2 UC Cee

Posto en liga : UC Cee : 1º con 85 puntos; ED Os Miúdos : 6º con 59

Goles no encontro de volta : 0-1, Ángel, (71´); 1-1, Robertto, (80´).

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es