VÍTORIAS DO SD CAMELLE E CF CASTRELO NOS ENCONTROS SABATINOS DA 4ª Xda DA 3ª DA COSTA.

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos diste encontro.

 

SD Camelle 4-0 SD Ameixenda

Vitoria xusta do SD Camelle que dominou grande parte do encontro e que marcou 4 goles de bela factura e puideron ser 5 xa que antes de chegar o 1-0, e nada máis comezar o encontro, Vietes marcaba de saque de curruncho un “gol olímpico”, pero o o colexiado David Castreje, dende a sua posición non apreciaba como o meta dos ceenses sacaba o balón de dentro mesmo a carón do pau. O propio Vietes parece que se quedara ca forma e facía un auténtico golazo de libre direto dende o medio do campo, axudado polo vento a favor. Co 1-0 os camelláns apretaron e buscaron un segundo gol ca ventaxe do vento a sotavento seu. Un saque de banda rápido era prolongado no centro do campo ata a banda contraria, centrop e remate e Miguel Riveiro empuxaba dentro no primeiro pau. Así se foi o descanso. A sentenza do encontro chegou nada máis comezar a segunda metade, Paulo centraba de esquerda, pegado a raia de banda preto do banderín de saque de curruncho, e Dido de testarazo impecable batía a Rubén García. tralo gol houbo un intre de moito mediocampismo sen chegadas craras, ate que chegou unha xogada por banda na que o meta ameixendés lucíase metendo unha man extraordinaria. Carlos que acababa de entrar facía o definitivo 4-0 o definir como auténtico dianteiro unha contra rápida.  Encomiable a entrega do SD Ameixenda cun equipo moi xoven, que de seguro irá crecendo co paso das xornadas. Buscaron sempre acurtar distanzas pero faltoulles o remate. Pediron un penalti con 3-0 no marcador.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

 

Gran traballo da diretiva do SD Camelle

Moito é o traballo que fixeron nestes días os diretivos do SD Camelle e os seus axudantes. Levantaron rede en toda a volta do campo para evitar a saida de balóns o cemiterio, a estrada e o monte, e limparon a parede de bloques pola parte interior, e pola exterior desbrozaron o terreo, para mellor recuperación de algún balón que rebase as redes, que foron donadas polo Concello de Camariñas. Neste traballo topáronse balóns que levaban anos antre as silveiras.

 

++++

 

CF Castrelo 2-1 CD Nantón

Vitoria sufrida do equipo vimaincés ante un Nantón que defende moi ben e que a pesares de que se ía perdendo por 1-0 con gol de David Carreira, o descanso, conseguía empatar a hora do encontro por medio de Pablo Fuentes. Buscou a vitoria o equipo de Sergio de Agranzón e conseguía meterse por diante 7 minutos despois cun tanto de Esteban Lado. Primeira vitoria do campionato para o CF Castrelo e primeira derrota do CD Nantón.

 

FICHA TÉCNICA

 

ENCONTROS PARA MAÑÁN DOMINGO

Monte Louro-Porteño : 16:30

Seaia-Laxe : 17:00

Camariñas-Outes : 17:30

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.