VÍDEOS : RESUMO DO DEPOR 1-1 SABADELL, E MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO DE IDIAKEZ, LUCAS E XIMO NAVARRO.

 

Seguimos liderando a liga gracias ao punto acadado e os empates do Nastic co Cornellá, (0-0), do Celta B coa Cultural, (0-0) e do Ponferradina co Lugo, (0-0). O único quw vwncwu dos de arriba foi o Barcelo B na casa do Teruel, (3-4), e colócase a 1 punto de nós con 51, os mesmos puntos que ten o Nástic e con un menos o Ponferradina. Pecha a promoción o Cleta b con 48 a 4 de nós.

O partido dos deportivistas foi moi espeso na primeira metade sen ser capaces de coller espazos ante unha defensa moi ben extructurada e anulando o noso frente de ataque. Nada máis comezar o encontro puido adiantarse o equipo catalán cun disparo de lonxa distanza que se foi ao poste gracias a que Parreño toca balón. Yeremay tivo as duas mellores da primeira metade para os nosos. A primeira un tiro cruzado dene o pico do área o poste contrario, e a segunda unha entrada típica dél na que dende o pico do área pequena tópase co corpo do porteiro. Eles adiantábanse xusto antes do descanso cun gol a balón parado mal defendido pola nosa zaga. 

Xa na segunda metade o equipo foise a polo empate dende o inicio e pechou os cataláns no seu campo. A xogada que puido cambiar o partido produciuse no minuto 64. Abde derrubou por detrás a Yeremay após un espectacular caneo do canario na liña de fondo. O colexiado sinalou o punto de penalti, que foi máis fatídico que nunca para o Dépor. Lucas escorregou no paso previo ao disparo e o balón foise moi por riba do traveseiro. Noutro balón parado eles tiveron un balón que pasou por enriba do longueiro. Idiakez fixo varios trocos para refrescar o equipo e as ideas e nun centro longo de Hugo Rama ao segundo pau, aparecía Barbero antre dous para marcar de testa o empate. No descanso buscouse con máis corazón que cabeza o gol da vitoria e reclamouse un penalti sobre Iano do que o colexiado non quixo saber nada tras recibir o lateral deportivista, que entrara no 85, unha patada no peito. O final empate xusto nun choque con máis nubes que sol.