VETERANOS DA COSTA : “SAN RAMÓN NA DIVISIÓN DE HONRA E ATLÉTICO CARBALLO NA 1ª GALICIA SEGUEN SEN HABER QUEN LLES FAGA FRONTE”.

O Buño caeu co lider pero segue en postos de promoción a División de Honra.

 

Os Veteranos da Costa non pararon neste “Entruido”, como si o fixeron as ligas senior masculinas e femininas da costa, (si se xogaron os Oitavos de Final da Copa da Costa), e está claro que na División de Honra dos Veteranos, nen na 1ª Galicia, hai quen le tusa a San Ramón e Atlético Carballo, líderes indiscutibles e invatibles de cada unha das ligas.

Xogábase na División de Honra a xornada 17ª e o lider ACD San Ramón enfrontábase o Corme CF co resultado a favor do lider por 1-4 e chegando os 44 puntos cun só encontro perdido e coa frioleira de 63 goles a favor e tan só 21 en contra. A distanza co segundo, ACD San Román que non pasaba do empate co SD Catríz, (0-0), pasa a ser agora de 12 puntos. A segunda praza vese co empate dos da Laracha moi apretada, pois o terceiro, Sporting Zas ponse a 1 punto e o cuarto, CF Dumbría, a 4.

Na 1ª Galicia de Veteranos da Costa  o Atlético Carballo segue imparable e con mellores números ainda co San Ramón da División de Honra pois os carballeses do Atlético Carballo non coñecen a derrota nas 15 xornadas ca frioleira de 79 goles a favor e só 12 en contra, sumando 45 de 45 puntos posibles. Nesta xornada derrotaban con goleada o SCD Buño, (1-6), e siguen con 7 puntos sobre o SD Cances, en ascenso direto, que derrotaba ao CV Leiloio, que podía haberse acercado os postos de promoción, nos que gañou o Malpica, (segue a 7 do ascenso direto), Mazaricos e Fisterra, namentras que o Buño que perdía co lider segue mantendo a distanza co máximo perseguidor, CV Leiloio, nos 6 puntos. Recalcar que dos 12 goles que recibeu o lider nos 15 encontros disputados concretamente 4 fíxollos o Buño.

 

-RESULTADOS-

 

 

-Foto : Juan Abelenda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”