TÓDOLOS RESULTADOS DO FÚTBOL SENIOR DA COSTA, EN CÓMODAS TÁBOAS, (FEMININOS, MASCULINOS E VETERANOS).

O Csatriz campión da Liga da Costa a falla de 4 xornadas para o final.

 

Aquí tes a axenda de tódolos resultados do fútbol senior da costa en homes, mulleres e dos veteranos, así como das ligas que non son completamente da costa.

Destacar o trunfo do SD Castriz na Liga da Costa, que lle da o título de campión a falla de 4 xornadas para o final da competición. Os xalleiros adestrados por Miguel Chouza derrotaban no desconto ao Volantes de Baño, (2-1), cun gol de Adrián García para celebrar ante os seus o campionato. Quedan na Liga da Costa 4 encontros para decidir quen acompañará o Mazaricos na promoción e quenes serán os dous equipos que baixen, que mirando unha liga máis arriba e ca situación do CD Baio, serían tres os que descendan.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Castriz, xogadores, técnicos, diretivos, axudantes e afeccionados.

Tamén destacar que comezou a promoción na 1ª Galicia de Veteranos, na que o Buño toma ventaxe sobre o Fisterra, (4-0), e Mazaricos e Malpica deixarán todo para o vindeiro Domingo, (0-0).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Foto, montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Castriz : FaceBook dio clube