TÁBOAS DE MÁXIMOS ARTILLEIROS DA COSTA : “O FÚTBOL DA COSTA PERDE O MÁXIMO GOLEADOR DE GALICIA, LUCAS CAAMAÑO”, (ENTREVISTA).

Lucas co seu pai na época do Bergantiños.

 

O fútbol da costa perde o máximo goleador de Galicia

Lucas Caamaño, máximo goleador da 3ª da Costa, tiña que abandoar o terreo de xogo no Porteño-Pereiriña da semana pasada, co que parecía unha escordadura de nocello, pero as probas pertinentes arroxaron unha rotura de peroné, tal e como adiantou en primicia piratasdemuxia. Non só perde o Porteño o seu máixmo goleador, senón que tamén o perde o fútbol da costa e o galego, pois Lucas do Panadeiro, é o máximo goleador das 34 ligas oficiais senior que se disputan en Galicia con 26 goles en 18 encontros, unha cifra que ninguén supera nestes intres do seu parón obrigatorio por varios meses, cáseque que seguro que se perde o que resta de tempada, (oxalá que non). No fútbol galego igualan a Lucas en números, Crístian Dacosta, xogador do CD Arenteiro B, que xoga na 2ª Galicia de Ourense Grupo 1, e Javier Martínez, dianteiro do Sporting Coruñés da 3ª Galicia A Coruña G1, logo non hai ninguén que o supere. Ademáis Lucas, só acadou un dos seus goles de penalti.

Para Lucas a asociación co gol venlle dende neno. Namentras que o seu pai xogaba de porteiro, e a pesares de ser de corta estatura era unha pantera, él o contrario o seu foi o de batir os porteiros. Tras iniciarse no fútbol base do Porteño, pasou dous anos no cadete do Bergantiños FC, e 2 no xuvenil, co que acadou a frioleira de 43 goles en 40 encontros, unha meta que podería ter igualado esta tempada, ou superala.

 

Lucas nun dos encontros co Porteño.

 

Lucas Caamaño, ou Lucas do Panadeiro, como o coñecemos os máis vellos, por seu pai, e antes seu avó, o principio non pensou que a cousa fose tan grave : “Eu cando saín pensei que era un esguince nada máis, pero nas primeiras probas xa me dixeron que había máis, e despois nas probas na Coruña xa dou que tiña unha rotura limpa de peroné”.

O xogador que terá que parar antre 3 e 6 meses dependendo da evolución xa sabe o que é estar parado moito tempo : “Cando estaba no Bergantiños tiven unha rotura de fibras na ingle, que foi moito máis dolorosa que esto, e estiven 6 meses sen poder xogar”.

Ainda que sofre de dor polo molesta que é esta lesión que implica danos na articulación do nocello, como danos colaterais, pero é optimista : “Teño que ir pouco a pouco e ilo levando así”. Axuda e moito a grande cantidade de chamadas e mensaxes de ánimos dos seus compañeiros e de amigos e xente do fútbol e de fora dél, “que axudan a levalo un pouco mellor”. O xogador non cree que chegue para esta liga, pero ten forzas para superalo e voltar de novo o canto antes.

Queda horfo o Porteño sen o goleador referenza, que como xa dixemos é nestes intres o máximo artilleiro das ligas galegas senior, pero él confía no seu equipo e na loita que está inmerso polo ascenso : “Son un gran grupo e está aí Álan que é un gran goleador”, xa que xunto con él son de maneira indiscutible a dupla máis realizadora do noso país.

 

Táboas de Pichichis

 

Na 3ª da Costa, ten como segundo pola popa Lucas Caamaño, ao seu compañeiro Álan Suárez, que xuntos estabn sendo unha dupla temible. 

Na Liga da Costa, a sequía de Isaac Fábregas, fíxoo caer dunha cabeza da táboa que dominaba dende o inicio da liga, pero que se veu superado por Djbril do Camariñas FC e aprétase a loita polo pichichi.

  Na 1ª Galicia G2, o fisterrán Diego Estévez, do CF Dumbría, manda nos xogadores da costa e na liga, seguido en ambos casos polo xogador do Soneira SD, Javi Souto.

 

 

 

 

 

 

-Foto Lucas Bergantiños Basilio Bello/La Voz de Galicia

-Foto Lucas : Lucas Caamaño

-Texto : piratasdemuxia