SCALONI, MAURO SILVA, NAYBET, MARCHENA E “LOCO” ABREU, EMBAIXADORES DO DEPOR NO MUNDIAL DE QATAR.

Sacaloni, Mauro, Naybet, Marchena e Abreu cando eran internacionais.

 

Que a Coruña e o Depor teñen algo especial non é cousa exclusiva dos afeccionados, e das cifras que se manexan de socios, (este ano camiño dos 24.000 na 3ª División do fútbol español), nen das cifras de audienza nos encontros. Tamén son moitos os xogadores que pasan, e pasaron por aquí, que ou teñen residencia na cidade herculina, ou veñen a miúdo, ou se casaron aquí, etc…

O que hai moitos máis son os que non esquecen o seu paso polo Depor, e alá onde van téñeno presente, e sígueno.

No Mundial de Qatar, que enfía a recta final, Marchena, acompañaba as retasmisións da Selección Española coa TVE, e tanto en comentarios, coma nunha entrevista, non deixou de lembrar o seu paso polo Depor, e apuntaba, antre outras cousas, que o gol que con máis importanza para él tivo na sua carreira foi o do ascenso a Primeira co Depor, e o cariño o clube e a cidade.

Pola sua banda, “Loco” Abreu, estivo de comentarista para a canle hispana, Telemundo TV, e tampouco deixou de lembrar o seu paso polo clube branquiazul.

Pola sua banda, os que sguen na palestra son Norridine Naybet, e Mauro Silva, o marroquí, membro da Federaci´´on de Fútbol de Marruecos, e o brasileiro da Paulista do Brasil. Naybet, nunha entravista antes do España-Marrocos, falou longo e tendido do seu paso polo Depor, do cariño ao equipo, a cidade, e a afección, e do importante que foi para él, e o brasileiro, que comenta en Telemundo TV, tódolos encontros da Selección do Brasil, non deixa de facer comentarios cada encontro, nombrando o Depor, e cunha sorna, pegada en Galicia, no derradeiro encontro da brasileira aparecía unha imaxe no palco de Cafú, Ronaldo, Roberto Carlos, e Rivaldo e solta : “A este último fichámolo por Depor”, ao que lle contesta o comentarista uruguaio : “Ficharíao Lendoiro non ti?, e a resposta de Mauro : “Si o presidente fixo as xestións, pero recomendeillo eu”, antre risas. Esta entrada dou pé a seguir falando un cacho sobre o Depor, de que chegara no sitio de Bebeto, para seguir falando daquel encontro da final do 94 con todos eles no equipo. Todo isto co encontro en xogo.

E como non…o GRAN : Lionel Scaloni, que por onde quer que vai amosa o seu deportivismo, e ate antepoñendo a Selección Arxentina, ao seu desexo, de algún día ser adestrador do Depor, desta última vez, e tras derrotar a Australia e pasar a Oitavos de Final, nunha entrevista soltou que : “Vou a ser adestrador do Depor algún día, seguro”.

Estamos na miseria da 3ª División do fútbol español, pero a importanza do RC Deportivo, queda patente no legado que temos detrás, que fai que se fale dél e siga a ser coñecido en todo o mundo.

-Fotomontaxe : piratasdemuxia con fotos de Google Images

-Foto Naybet : Getty Images

-Texto : piratasdemuxia