ROLDA DE PRENSA DE PABLO VÁZQUEZ : “ÍMONOS ENFRONTAR A UN RIVAL A TER EN CONTA E QUE SE VEN XOGANDO COUSAS”.

 

Pablo Martínez pasou por rolda de prensa e arroxou aires de esperanza sobre a recuperación de lucas Pérez, ao mellor non para este encontro, pero que o vía, “optimista e contento”, o que se pode traducir en que vai mellorandpo. O dianteiro de Monelos xa comezou a tocar balón pero ainda está co readaptador físico, paso derradeiro antes de dar o salto o grupo.

Destacou o zagueiro deportivista o Unionistas, equipo que leva sen perder dende Nadal e que xa ven defacerlle un burato a equipos coma o Nástic, (0-1), Lugo, (1-1), Ponferradina, (1-1) ou Cultural, (1-1), e que está a 8 puntos da promoción con 24 por xogar. Sobre o rival, Pablo Vázquez dixo que : “Ven un equipo super competitivo. Domina moitos aspectos do xogo, o balón parado, bloque alto ou baixo, é gañador de duelos…Será un encontro difícil. Teñen moita enerxía é un dos equipos máis completos da categoría”.

Tamén falou sobre o tema de xogar a porta pechada en Sestao : “Xogar a porta pechada é un factor negativo e unha mala noticia para nós. Xa non sei as veces que enchemos campos rivais. Vénnos peor mesmo a nós. Ademais, o do Sestao é un campo moi difícil, peculiar e necesitariamos ese empuxe. É unha pena para nós, de verdade”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”