ROLDAS DE PRENSA DE SAMUELE LONGO E CARMELO DEL POZO

 

Carmelo del Pozo acompñaou a Samuele Longo na rolda de prensa da sua presentación para logo contestar o propio Carmelo del Pozo as preguntas dos xornalistas.

Samuele Longo

 

O dianteiro italiano en un perfecto castelán, dixo tras agradecer aos dous clubes o entendemento e as facilidades, que en todo intre estivo esperando para vir para aquí. Apareceron moitos equipos que o querían pero xa dixo que si o Depor dende un principio, só que tivo que ir de pretempada co Inter ata que lle chegasen os novos dianteiros : “Foi algo moi sinxelo. Xa o ano pasado estivemos ao pensar, logo fun cabezón porque quería ir a Primeira. En xaneiro estiven preto, apetecíame vir aquí e non puido ser. Pero no verán abriuse outra vez esta posibilidade e non dubidei nin un segundo. Díxenllo claramente a Carmelo e aos meus axentes, era o único que quería”, dixo Samuele, que dixo que o Depor era un dos equipos españoles máis seguidos en Italia.

 

Carmelo del Pozo

 

O Director Deportivo deportivista falou sobre varias dúbidas e dixo que se Rolán saía, (que ten unha importante carga económica no tope salarial polo seu soldo e que no día de hoxe non estivo no adestramento), virían 1 ou 2 xogadores. Sabe dos rumores que se falan, pero non quixo dicir se son certos : “A situación económica de Rolan é importante e hai que valorar todo, hai que ver como avanzan eses rumores. Temos a situación máis ou menos estruturada e a se houbese posibilidade dunha saída no que o beneficio económico estea por encima do deportivo traeríase algo que reforzase o equipo”.

Tamén falou de Rober Pier do que dixo que “a sua saida está encamiñada”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e a do director deportivo, e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es