ROLDA DE PRENSA EN VÍDEO DE YAGO GANDOY E OUTRAS NOVAS.

 

Yago Gandoy que ven de renovar por 3 tempadas pasou por rolda de prensa en Abegondo. O rapáz dixo que o día que rennovou : “foi dos días máis felices da miña vida”.

Rol no Dépor

“O importante é sumar. Ao final imos estar 16 ou 17 xogadores en cadro ou mesmo máis e o importante é sumar. Non sei que rol vou ter. Teño na miña cabeza traballar, facelo o mellor posible e ter os máximos minutos posibles para axudar ao equipo”.

Día máis feliz

“Cando se oficializou si foi un dos días máis felices da miña vida. A canteira e os mozos de abaixo vimos pelexando por iso, por chegar ao primeiro equipo. E máis eu, que son da Coruña. Moi contento de estar aquí, no primeiro equipo, e a sumar”.

Sitio para crecer

“Levo crecendo como futbolista aquí. Esta é a miña casa. Para min aínda estando en Segunda B, dá igual a categoría, a maneira de crecer aquí é incrible. Vaime a vir moi ben e vou progresar moito como xogador”.

Obxectivos persoais

“Crecer como futbolista e achegar o máximo posible. Todos queremos xogar todos os minutos, iso está claro. Pero hai que respectar as decisións do míster, hai que traballar e tentar sumar o máximo. O meu obxectivo persoal é tentar xogar o máximo e axudar ao equipo a volver ao fútbol profesional”.

Segunda División B

“Coñezo a categoría pero estas liguiñas fana diferente. Os equipos de Galicia son fortes. Non hai que confiarse. É unha división difícil na que nos vai a custar todos os partidos. Hai que remar moito. O Pontevedra, o Racing de Ferrol están a facer bos equipos. Os de Salamanca son equipos duros. Hai que saír todos os partidos a tope e tentar gañar todos os posibles”.

“Co COVID-19 tívose que reaxustar todo. Hai que empezar forte, gañando xa porque esa primeira liguiña hai que quedar arriba para pasar á seguinte. Desde o principio imos dalo todo”.

Primeiras fichaxes (Borja Granero, Carlos Abad e Lucho)

“Levamos poucos días con eles pero desde o primeiro momento moi ben. Como persoas moi ben, están a integrarse moi ben. Son tres futbolistas que nos van a achegar moitísimo”.

Punto débil no xogo

“Teño que mellorar moitas cousas pero o aspecto que máis a primeira ollada se ve pode ser o físico. Son un mozo delgado e teño que coller masa muscular. En certos choques, disputas, teño que ser algo máis forte. Estou no sitio perfecto para melloralo”.

Presión ser considerado a perla da canteira

“Non é presión. Para min é un afago. Teño a sorte de estar no primeiro equipo e é un orgullo. Estou tranquilo”.

Campaña de abonos

“A afección do Dépor sempre está aí. En 12 horas 3.000 socios, en 24 horas 5.000. É de tolos. Darlles as grazas por apoiarnos aínda sen saber se vai poder ir a ABANCA-RIAZOR ou non. Imos dalo todo para tentar satisfacerlles”.

Papel dos canteiráns nos primeiros adestramentos

“Os que vimos de abaixo trátannos como un máis. Aínda sen formar parte do cadro o ano pasado eramos un máis. Trátannos moi ben. Tentar sumar con humildade. E cando nos chegue a oportunidade tentar aproveitala e sumar”.

O novo Dépor

“De momento estamos a traballar máis aspectos físicos, preventivos, pornos máis a ton. Ao final o equipo aínda non está formado. Non estamos a traballar moito nosa idea de xogo. Isto ten que ir aos poucos. Terá que chegar xente, irse xente”.

Sensación persoal ao renovar

“Felicidade. Desde alevíns, todos queren chegar ao primeiro equipo. É un soño cumprido. Son da Coruña, este é o meu obxectivo. Tentar dalo todo e tentar estar o maior tempo posible aquí. Orgullo e felicidade, eses son os meus sentimentos agora mesmo”.

Oportunidade para #ANOSACANTEIRA

“Ilusión temos porque chegar ao primeiro equipo estando nunha categoría inferior como é a Segunda B pode ser máis propicio para nós, para os que vimos de abaixo. Con ganas de sumar, todos estamos a traballar ben. Sumar, esa é a palabra crave para tentar subir de categoría”.

Derbis galegos na categoría

“Sempre motiva xogar contra equipos galegos como o Pontevedra, Racing de Ferrol ou Celta B. Imos tentar gañar todos os partidos e tentar apertarlles desde o principio”.

Partido contra o CF Fuenlabrada

“A sensación que teño eu, o cadro e todo o Club é que se tratou inxustamente ao Dépor. Nese partido saímos a gañar. Gañámolo e non nos xogabamos nada. Saímos a tope coma se fose un partido de liga normal”.

Proceso de renovación

“Tardouse tanto porque o Club estaba envolto na polémica (do CF Fuenlabrada). E o importante non era eu senón tentar estar en Segunda División. Tanto eu como os meus axentes e o Club sempre estivemos en contacto. Hai unha boa relación e as conversas sempre foron ben. A miña cabeza sempre estivo aquí, son moi feliz aquí. Esta é a miña casa”.

Premendo no vídeo tes a rolda de prensa o completo.

 

Os carnets a partires do luns 21

Debido a enorme demanda de altas e renovacións, (preto de 5.000 nun día), os novos carnets de socio non estarán dispoñibles nas 72 horas previstas. O club recomenda retiralos a partires do luns 21 na Deportenda de Riazor.

 

O Depor derrota o Fabril no primeiro ensaio de pretempada

No día de hoxe os de Fernando Vázquez xogaron o primeiro amigable de pretempada contra o Fabril de Valerón e a vitoria caeu do lado dos deportivistas por 1-0 con gol de Adri Castro. Un partido de 50 minutos, dividido en 2 partes de 25, no campo principal de Abegondo, puxo esta mañá o punto final á semana de adestramentos do primeiro equipo. Perdéronse a cita Fede Cartabia, Gerard Valentín, (que rescindeu contrato co Depor e foise o Lugo), e Vicente Gómez, este por mor dunha sobrecarga nun cuádriceps. Uche e Celso Borges, con permiso, non estiveron en Abegondo. O primeiro equipo descansa mañá sábado e o domingo e regresa aos adestramentos o luns 14 de setembro ás 10:00 horas en Abegondo, onde xa estará a nova fichaxe José Lara.

 

-Foto e vídeo : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies