ROLDA DE PRENSA DO “JOKER” : “A AFECCIÓN TEMOS QUE DARLLE XA UNHA LEDICIA FORA DA CASA”.

 

Mario Soriano “O Joker”, pasou por rolda de prensa e falou sobre o importante que era gañar despois de 3 encontros sen facelo, “e ademáis ante un rival direto”. Sobre o seu estado de forma dixo atoparse, “ben e tentando axudar o equipo”.

Contra Unionistas, “é moi importante o encontro, levamos 4 encontros sen gañar na casa, quedan 5 fora e aproveitar a gañar, comezando esta fin de semana”. O xogador lamenta que non está tendo sorte de cara a gol, a pesares de que ten ocasións, pero di que o primeiro é : “telas é importante, espero meter as próximas. Estou tranquilo e confío en min”.

Sobre a afección falou de que o merecen todos e a ver se lles dan unha ledicia en Salamanca : “Temos que agradecer todo o que fan por nós. Viaxan a todos os partidos. Sempre hai afección animando en todos os campos. Temos que darlle unha alegría xa fóra de casa”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-texto : Xosé Búa “Pirata”