ROLDA DE PRENSA DE VÍCTOR MOLLEJO : “UN DESCENSO PODE MARCARCHE PARA A VIDA E IMOS TENTAR QUE NON OCURRA”.

 

Víctor Mollejo pasouse  pola sala de prensa de Abegondo.

Admite que un hipotético descenso “sería unha gran mancha no noso currículo. Sobre todo no meu caso, primeiro ano de profesional. Un descenso pode marcarche para toda a vida”.

Iso si, lembra que “de momento non está decidido. Hai opcións para que iso non ocorra. Imos loitar por elas”.

Non cre que sexa un milagre a salvación porque “hai opcións reais e bastantes de que nós gañando podámonos salvar. Na última xornada pode pasar calquera cousa e nós conseguindo os 3 puntos temos moitas posibilidades de que se un rival non gana, podamos salvarnos”.

O polivalente futbolista manchego asegura que o vestiario branquiazul “está triste pola derrota de onte; pero no momento no que acabou o partido, os capitáns falaron, falou o míster. Tivemos claro que non era o momento de estar fastididados. Era momento de vir arriba, de pensar no seguinte partido e iso é o que temos que facer. Hai que seguir traballando, pensar no Fuenlabrada que vai ser o partido máis importante da temporada”.

Pide “agarrarnos a como o vimos facendo despois da corentena. Quitando estes 3 partidos fixémolo moi ben, xogamos moi ben ao fútbol, fixemos vitorias. Ao final viñéronnos estes 3 tropezos que ninguén contaba con eles. Temos que ser fortes mentalmente e o día do Fuenlabrada ir a tope”.

Lembra que “en decembro estabamos moito máis afundidos que agora e con moitas menos esperanzas. Chegamos á última xornada con opcións de salvarnos, algo impensable con 12 puntos ao final da primeira volta. É verdade que o tivemos aí e deixámolo escapar. Chegamos á última xornada con esa presión e non dependendo de nós mesmos”.

Con apenas 9 meses na Coruña, Mollejo asimilou a idiosincrasia dun dos clubs campións de Liga en España: “O deportivista nunca se rende, sempre cre até o final. Non teño ningunha dúbida de que a afección confía en que podamos conseguir a vitoria”.

Este luns 20 de xullo en ABANCA-RIAZOR ante o CF Fuenlabrada (21:00 horas), “imos ir ao noso, imos tentar conseguir os 3 puntos. Daquela o que teña que pasar que pase. Estamos centrados no noso partido. Sempre tes un ollo mirando a outro pero nós conseguindo os 3 puntos temos opcións de poder salvarnos”.

 

-Foto, Vídeo e Texto :  RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies