ROLDA DE PRENSA DE RAFA DE VICENTE : “ESTOU MOI CONTENTO A NIVEL PERSOAL E COLECTIVO”.

 

Rafa de Vicente pasou por rolda de prensa trala volta o traballo da plantilla no día de onte. Un plantel que comezou a traballar con 5 efectivos menos. Un deles, Jaime Sánchez, que adestrou a parte en Abegondo por problemas musculares e outros 4, Bergantiños, Miku, Menudo e Lapeña, que poderían ter dado positivo por COVID-19, no control que tiveron que pasar todo o equipo, (incluidos técnicos e axudantes), antes de comezar a adestrar.

Un mal que coa variante Omicrón ten maior facilidade de e rapidez de contaxio e unha incubación inferior, (en 3 días xa é contaxioso, polos 6 da anterior versión do virus). Esto está a afectar a volta ó traballo en moitos equipos, e irá en crecemento de seguro.

Para Rafa de Vicente : “É un tema bastante delicado porque afecta á saúde. Hai moitos casos, non só no fútbol, senón en toda España. É delicado e hai que tentar levalo o mellor posible. Dos compañeiros encárgase o corpo médico de estar pendente, de como evolucionan. E nós dentro o que podemos ter é todas as precaucións posibles. Centrados no traballo e tentando reducir riscos…Temos un corpo médico que son uns profesionais incribles. Cando se vai achegando o momento de irnos sempre nos van dando as indicacións. Hai que ter coidado, pero ás veces, mesmo con todo o coidado do mundo, aínda así te podes contaxiar por mala sorte. Hai que facerlle caso a todo o que nos digan e ademais tocar madeira”.

O centrocampista malagueño do Dépor, di estar moi contento a nivel persoal e colectivo con como están indo as cousas e dalle unha nota moi alta o rendemento : “Estou bastante contento. Dentro de todo o que puiden achegar, tanto como saíndo desde o banco como de inicio, as sensacións son bastante boas. Evidentemente querería xogalo todo, como calquera futbolista, pero é o míster o que decide e eu adáptome. Estou moi contento a nivel persoal e a nivel colectivo, que vou dicir… Non terminou a primeira volta, pero despois do último partido en León, sacar tres puntos alí da forma en que o fixemos, esa sensación de piña… poñería un notable alto ou sobresaliente”.

 

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia