ROLDA DE PRENSA DE PABLO MARTÍNEZ : “AINDA QUE XOGUES CUN EQUIPO DABAIXO, SOMOS O DEPOR E TODO O MUNDO QUER GAÑARLLE O DEPOR”.

 

Pablo Martínez lembrou na sala de prensa de Abegondo que esta temporada “cambiamos case todo o cadro, temos novos xogadores e iso non se fai en dous días. Hai que traballar. Nos adestramentos agora hai moita máis intensidade que antes. A xente é consciente da situación na que estamos e que non queremos estar aquí. Queremos estar máis arriba, estar nos primeiros postos. Xa o temos na cabeza”.

O central deportivista confesa que após o partido en Irún, “a semana foi moi fodida. Todo o mundo era moi consciente da situación. Está ben que pase unha vez por temporada. A derrota de Irún fixo un traballo de concienciación a todo o mundo porque todos están moi animados para gañar partidos”.

De feito, “o de Irún non pode pasar máis. A viaxe de volta foi moi fodido. Parecía que se morreu alguén. Toda a semana pensas niso. Fixémolo ben a fin de semana pasada (ante a SD Logroñés en ABANCA-RIAZOR). Non foi o partido do ano pero cando ganas 2-0, creas ocasións, o rival non ten ningunha e acabas coa portería a cero é un bo partido”.

Viu ese choque ante os rioxanos como “un bo partido para mostrar a todo o mundo que si podemos gañar así. Agora temos un fóra de ABANCA-RIAZOR que temos que gañar. Queremos quedarnos coa mesma sensación de que podemos gañar traballando xuntos tamén”, en referencia ao partido de mañá sábado 18 de novembro ás 16:00 en Tarazona (FEF TV).

Ten claro que “non importa a forma de gañar. O que quero é que acabe o partido e sumar 3 puntos. É verdade que este ano nos custa moito marcar goles, a parte ofensiva, que é traballo de todo o equipo”.

Está convencido que “o día que entren as ocasións vai cambiar. É algo de cabeza, de confianza. Cando marquei o meu primeiro gol, o meu partido era normal. Despois deste gol dáche unha confianza enorme e terminas o partido moi ben”.

Nesta liña, Pablo Martínez apunta que o gol que marcou Davo “vaille a vir moi ben. É un xogador que nos axuda moito. A xente ve só o que fai coa pelota pero sen balón, todos os dianteiros traballan moitísimo”.

A nivel persoal, despois de volver a marcar o pasado sábado en ABANCA-RIAZOR, está “moi contento porque ademais son goles que valen puntos. Estou moi contento por axudar ao equipo”.

Con 3 tantos outro dos centrais do equipo, Pablo Vázquez, o futbolista hispano-francés prefire non obstante que “sexan os dianteiros os que vaian pichichis, non nós”.

Nos 5 partidos que restan antes das vacacións de Nadal, márcase como meta “gañar todos. Queremos terminar o ano o máis arriba posible”.

Finalmente ten a sensación de que aumentou este ano a dificultade da competición: “Somos o Dépor e todo o mundo quere gañar ao Dépor. Cada partido é moi difícil aínda que xogues cun equipo que estea arriba ou abaixo. Tes que traballar moitísimo para gañar o partido”.

 

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo