Nacho González pasou por rolda de prensa e amosouse contento co seu estado físico pero espera que o equipo vaia collendo o ritmo a competeción e ir collendo o mellor fútbol co paso dos partidos que “se irá vendo un millor Deportivo”.
Sobre a sua posició no campo, “a que máis me sinto cómodo é de media punta, pero vouno a facer por onde me mande o mister. Na miña carreira xa xoguei pechado a banda ou un pouquiño máis retrasado, pero como máis me gusta por detrás do punto, de segundo dianteiro”.
Cre que Unionista vai “ser un rival moi duro que nos vai poñer as cousas difíciles pero temos que ir a sumar de 3”.
….
O atacante deportivista, que se adestrou hoxe á marxe do grupo debido a unhas molestias nos aductores, apunta que nota o salto do fútbol uruguaio ao europeo “no tema da táctica. É un fútbol moito máis rápido, máis posicional. Dáse máis importancia á velocidade do balón e non tanto ao que se poida correr xogando”.
Confesa estar “moi contento persoalmente porque aínda que non me esperaba entrar de titular os primeiros 2 partidos, fixera as cousas ben durante a pretemporada como para poder facelo. Atopeime moi ben fisicamente, quizais mellor no segundo partido que no primeiro”.
Explica que a súa posición ideal sobre o terreo de xogo é a de “mediapunta, pero onde me pide o míster vouno a facer e vou facelo sempre da mellor maneira posible. Na miña carreira xoguei moito por banda, tamén un pouco máis atrasado. Pero a miña posición ideal, onde me atopo máis a gusto é por detrás da punta, segundo dianteiro”.
Respecto ao céspede artificial do Estadio Reina Sofía, escenario do encontro do próximo domingo 1 de novembro ante o Unionistas de Salamanca CF (16:00 h, Footters), lembra que “tivemos un partido en pretemporada (o disputado en Carballo ante o Bergantiños FC) e custounos un pouco adaptarnos á velocidade da pelota, ao ‘pique’ do balón. Imos tratar durante a semana de adestrar en céspede artificial para ir vendo o que nos espera a fin de semana”.
Está convencido de que “o bo xogo ímolo a ir collendo co paso dos partidos. Aínda que non se viu o noso mellor fútbol, non perdemos e sumamos. É mellor corrixir despois dun empate ou unha vitoria que perdendo. Co paso dos partidos vaise a ir vendo ao mellor Deportivo”.
Vaticina este domingo en Salamanca “un partido moi difícil, como todos os que tivemos até agora. Non imos a subestimar a ningún rival. Imos xogar de igual a igual a todos. Esperamos un rival duro, que vai vir a buscar os 3 puntos. Esperamos facer un fútbol correcto e poder sumar 3 puntos”.
-Foto e Texto : piratasdemuxia
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo