ROLDA DE PRENSA DE MIKU FEDOR : “Unionistas vai ser unha preparación dobre para dentro de dúas semanas”.

 

O dianteiro deportivista venezolano Miku pasou por rolda de prensa e amosou que non van baixar a garda e que van a ir contra Unionistas a pola vitoria para así seguirse preparando de cara os Play-Off.

“Teño a miña percepción persoal, e é que, cando se aveciña un momento importante, se chegas preparado, vas afrontar mellor que se non te preparas. Este domingo vén un rival con opcións de play off. E nós representamos un escudo, unha afección e unha cidade, e merecen que teñamos un desempeño óptimo e non regalar o partido”.

Todo apunta a que Miku non xogará o vindeiro sábado, (18:30 horas en Riazor, (16:30 GMT)), xa que ten 4 cartóns, ao igual ca Quiles, que tampouco será da partida, tal e como deixou entrever Borja Jiménez, trala rolda de prensa post-encontro en Valladolid : “Non imos a pasar riscos”, dixo o técnico deportivista, ao ser preguntado por este asunto. Tampouco xogarán Héctor Hernández, que viron a quinta amarela en terras vallisoletanas. Despois salvo un vermello direto, todos pasan ao Play-Off limpos de cartóns.

Miku de todos modos falou como se fose a xogar : “O Deportivo xa se asegurou o obxectivo do Play-off”, pero queremos gañar todos os partidos. A mellor maneira de preparar o Play-Off” é gañar este partido, porque alongaría a dinámica que levamos e, ademais, relaxarse non é bo. Agora toca mentalmente estar enfocado neste partido e facer as cousas moi ben nél. Non hai mellor preparación que unha vitoria e seguir en boa sintonía”…”Non podes deixar de pensar nun partido porque en dúas semanas vén outro super importante para o devir da afección e o club. Pensar no Unionistas vai ser unha preparación dobre para dentro de dúas semanas”.

O dianteiro venezolano toma coma unha revancha este Play-Off para os que o ano pasado non foron quen de ascender : “O fútbol sempre ofrece desquite. O ano pasado foi complicado e todos sufrimos por non alcanzar o obxectivo. O fútbol é así de caprichoso e este Play-Off para os do ano pasado servirá para resarcirnos de ano pasado, pero non podemos quedarnos con iso. Facer un bo presente vai permitir facer un bo futuro para a entidade”.

Todo o que dixo abrindo o vídeo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es