ROLDA DE PRENSA DE JUERGEN ELITIM : “QUILES ESTARÁ CONNOSCO O DOMINGO”.

 

Juergen Elitim pasou por rolda de prensa no adestramento que o equipo fixo esta mañán en Riazor. Unha das mellores novas que deu foi a de que Qiles, que no día de onte saía axudado do adestramento en Abegondo, tras un golpe na cadeira, hoxe adestrou con normalidade e o xogador colombiano desvelou que : “Está ben, e estará connosco o Domingo”, no encontro ante o Talavera, que en principio estaba asinado o día de hoxe, e que, tal como vos informamos días atrás, foi adiado ao Domingo, ás 12:00 horas, (10:00 GMT).

O medio do Depor alabou as “boas sensacións” do equipo a pasada xornada ante o DUX, no que as variantes de Aguirre como lateral dereito, e en especial a volta de Villares o medio do campo, foron unhas das boas novas que amsou o equipo. Él amosouse contento de ter a Villares e Álex por detrás, o que o “libera2, e pode amosar o seu xogo antre liñas.

Ademáis dos tópicos normais antre xogadores, falou deo veetrano lateral dereito Antoñito, que está adestrando a proba : “Véxoo ben. Está a adaptarse. Ten moita experiencia, un bo pasado e no vestiario sentou bastante ben. É unha boa persoa. Está a adestrar, adaptándose a nós, ao estilo de xogo e abrímoslle as portas. Se é para axudar, benvido sexa”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto . piratasdemuxia