ROLDA DE PRENSA DE IMANOL IDIAKEZ PREVIA O LUGO-DEPOR.

Imanol Idiakez afirmou este mediodía na sala de prensa de Abegondo sobre o mercado de fichaxes, a piques de concluír, que desexa que “pase o que pase durante a temporada, que se nos caia un xogador en calquera posición non signifique unha hecatombe para o equipo. Nese aspecto temos unha responsabilidade”. 

Nesta liña, indica que “non podemos permitirnos que nos pase unha lesión, unha sanción dun xogador nun momento importante da temporada, en calquera dos momentos, e non teñamos un xogador no seu posto que teña o mesmo nivel que o que non está. Temos a obrigación de tentar facer o cadro máis completo posible en todas as posicións para conseguir o obxectivo, porque non podemos esquecer que máis aló de romanticismos, o obxectivo é só un e non podemos desviarnos de aí”, engadiu.

Manifestou que Salva Sevilla, última incorporación branquiazul, é “un xogador moito máis que contrastado. A súa carreira deportiva fala por por si soa. Toda a súa carreira, pero especialmente nos últimos anos, é un experto en ascensos. Ten unha calidade indubidable e se está ao nivel dos últimos anos vainos a achegar moito”.

Resalta que “vén con toda ilusión a sumar, a achegar o seu granito de area no proxecto, cunha ilusión para volver para conseguir outro ascenso e un que sería moi importante para o Deportivo”. 
 
Ten en conta que “nos inicios todos estamos un pouquiño por facernos, por definirnos como equipo” e subliña do CD Lugo, rival este sábado 2 de setembro no Anxo Carro (21:30, FEF TV), que “coñecendo ao míster, como o que vimos deles até agora en pretemporada, e o outro día o primeiro partido, é un equipo que vai ter as ideas claras, que nolo vai a pór realmente complicado. O outro día, sen ir máis lonxe, tivo a capacidade de remontar un partido no que ía por detrás no marcador. Espero un partido de dificultade. Xogan na súa casa, vai haber ambiente, a súa xente vailles a apertar igual que a nós #ANOSAFORZA vainos a empuxar. Asumo a dificultade como en todos os partidos da categoría e máis cando falamos dun equipo que acaba de descender de Segunda División e que se marcou como obxectivo o mesmo que o noso”.

O adestrador deportivista lembra que “todos os equipos, case todos os do mundo, fóra de casa son peores que en casa. É un dos enigmas do fútbol que ninguén termina de explicar. É unha realidade que o Dépor, ultimamente, cumpriuno a machada. E imos tentar que este ano desde logo non ocorra. Imos saír claramente a por os 3 puntos en Lugo o sábado e imos ver se somos capaces de darlle a volta a esa situación”.

É consciente Imanol Idiakez que “temos unha afección que é unha barbaridade, unha marabilla e é unha enerxía que temos que aproveitar” e viu ao seu equipo no debut ligueiro con “equilibrio emocional. Teño un vestiario maduro, con experiencia, que sabe onde está. Ver as colas do outro día en ABANCA-RIAZOR para comprar entradas para Lugo ou imaxinarnos como vai estar o fondo o sábado serve de motivación. Estou convencido de que vai ser positiva e vai ser ben xogada polos xogadores”.

Con varios canteiráns en dinámica do primeiro equipo, asegura que “temos confianza absoluta na nosa canteira, no traballo do míster (Óscar Gilsanz), na calidade que hai abaixo. Por suposto temos que ser conscientes de que o obxectivo é a prioridade, é dicir, que hai que priorizar o rendemento inmediato, pero estamos convencidos que no curto, medio ou longo prazo, en todos os prazos, temos xente tanto para xa, como para deica pouco, como para dentro dun pouquiño máis de tempo está e vai estar preparada para xogar no Dépor. É a nosa intención, a nosa aposta, o noso desexo e temos ser capaces de conxugar iso coa prioridade principal que é conseguir o ascenso”.

Finalmente, asegura que ten claro quen vai ser o porteiro no Anxo Carro pero iso “o vereis unha hora antes do partido”.

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo