ROLDA DE PRENSA DE IDIAKEZ : “O TARAZONA VAI SER UN RIVAL MOI PERIGODO SE NON ENTENDEMOS A DIFICULTADE DO PARTIDO E O IGUALADO DA CATEGORÍA”.

 

Imanol Idiakez asegurou esta mañá en rolda de prensa que “aquí houbo unha parte da temporada que se pasou moi mal e agora que a cousa vai ben ninguén quere saírse do camiño. Queremos seguir coa dinámica”.

Opina que “as dinámicas é importante collelas e non soltalas. O domingo (ante a SD Tarazona en ABANCA-RIAZOR ás 19:00 horas, TVG-2 e FEF TV) temos unha oportunidade pero tamén unha dificultade”.

Nesta liña, o técnico deportivista subliña que “estamos moi mentalizados con que o partido vai ter dificultade, con que o partido que nos vai a expor a SD Tarazona vai ser de pecharnos os espazos, de deixarnos moi poucas cousas. Probablemente vai ser diferente dos últimos partidos e imos ter que estar preparados para iso tamén”.

Do conxunto aragonés, insiste que “ten 20 goles en contra, é moi difícil de meter man nese aspecto, defensivamente é un equipo moi ben organizado, con moi bos conceptos, moi gañador de duelos, que seguramente nos vai a expor un partido de dificultade, de pechar uns espazos, de deixarnos o menos posible e que ten a capacidade de contraatacar ou dun balón parado”.

Así pois, define á SD Tarazona como “un rival moi perigoso se non entendemos a dificultade do partido e a igualdade da categoría”.

Imanol Idiakez lembra que “canto máis ganas, máis difícil é o seguinte tamén pola expectativa do rival. Temos claro que a SD Tarazona está a xogarse a vida, está a xogarse os postos de abaixo, quere saír de aí. Cando un equipo se xoga a vida déixao todo no campo. Ademais coñecendo ao seu adestrador son absolutamente consciente que o domingo van preparar cada detalle para tentar minimizarnos, para tentar facernos dano. Vimos de 2 partidos nos que 4 e 5 (goles a favor) está moi ben pero seguramente o domingo, oxalá me equivoque, pero o máis probable é que sexa un partido de poucos goles ou de pouca diferenza”.

Por conseguinte, “o reto para nós é estar preparados para iso”, conclúe.

-Foto, vídeo e texto : RC Deportivo