Rolda de prensa de Héctor Hernández : “Imos traballar e pelexar día a día para que cada domingo sumemos os tres puntos”.

-Cando nos chegue o vídeo colgarémolño aquí-

 

As suas frases :

Sobre Borja Galán, ex deportivista no SD Logroñés, rival do vindeiro Domingo, 17:00 horas, (16:00 GMT) : “É un dos mellores amigos que fixen neste club. Falo con el todas as semanas. Esta vez xogamos en contra e xa tivemos un par de bromas. Xa lle dixen que oxalá veña polo meu lado. Será bo telo como rival, deséxolle todo o mellor, pero a partir do seguinte partido. Temos unha relación moi bonita”.

Sobre a SD Logroñés : Creo que vai ser un rival forte polo ascenso. Está a verse nos seus partidos e nos puntos que sumaron. A vitoria non decantará nada na tempada, pero si será un golpe encima da mesa. Tentaremos facerlles dano coas nosas armas”.

Sobre oe stado da liga : “Agora estase vendo que hai moitos equipos involucrados no obxectivo. Moi bos persoais, bo nivel, pódeche gañar calquera, podes picar en calquera campo. Estamos todos apertados, pero tamén é a xornada 10. Veremos na 20 ou a 25. Imos traballar e pelexar día a día para que cada domingo sumemos os tres puntos. O importante non é agora, é chegar arriba con opcións en abril e maio”.

Sobre a sua situación persoal do “rival” no plateral esquerdo deportivista, Diego Aguirre: “Vivín algo así o ano pasado. Isto é fútbol e ao final o adestrador é o que decide. Está a apostar por min e eu moi contento, devolvéndolle a confianza. A Aguirre só podo dicirlle que espere o seu momento, que chegará e que estea preparado porque isto é moi longo. Teño bo trato con el, adoitamos falar e deséxame o mellor sempre antes dos partidos. E se mañá cámbianse os papeis, que non teña dúbida de que será igual. Xa me pasou con Salva. É un vestiario moi sano o que temos e reflíctese no campo”.

-Foto e Vídeo : rcdeportivo.es

-Texto : piratasdemuxia