ROLDA DE PRENSA DE GAKU SHIBASAKI : “PENSO QUE POIDO DAR MÁIS E QUERO DAR MÁIS”

 

Gaku Shibasaki pasouse este mediodía pola sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo, acompañado polo tradutor Daisuke Ito.

Asegura sentirse a gusto na Coruña, após estes primeiros meses defendendo a camiseta branquiazul: “Gústame a cidade, é cómoda para vivir. Para xogar ao fútbol é un ambiente perfecto”.

A pesar da situación clasificatoria do equipo en Segunda após deixar o Getafe CF en Primeira, “non teño dúbidas (por vir ao Dépor). Non me arrepinto de elixir este camiño. Nunca na miña vida tíveno. Non teño dúbidas respecto dos meus compañeiros. O meu obxectivo segue sendo ascender. Traballamos en primeiro lugar para mellorar e chegar a ese obxectivo”.

Advirte que non hai ningún problema co idioma á hora de entenderse cos seus compañeiros e cos técnicos. Para demostralo, respondeu el mesmo en castelán: “Sen problema na comunicación cos meus compañeiros. Entendo o que din e o míster tamén. Non teño moitas palabras, pero hai que falar cando teño que falar. Enténdoo todo”.

A nivel persoal, confesa “non estar contento co meu rendemento. Penso que podo dar máis, e quero dar máis”. Engade que “o rendemento do equipo tampouco é bo. Ninguén está contento. Temos que seguir traballando entre todos para mellorar”.

Sobre a súa posición no campo, opina que pode xogar de interior, “pero como está a xogar o equipo, podo achegar máis no centro do campo. É un sitio adecuado para min e síntome máis cómodo”.

Do resultado do pasado sábado no Estadio Ramón de Carranza de Cádiz, Gaku indica que o desexo do Dépor era gañar, “pero o campo e o rival foron complicados. O resultado, aínda que foi un empate, está ben. Temos que seguir traballando paso a paso”.

Destaca que ante o cadro amarelo, “xogamos xuntos, como equipo, bloque. E non recibimos ningún gol. Iso é bo. A partir de aí podemos mellorar. Sempre quedo co lado positivo”.

Explica que o Deportivo está por baixo do esperado na clasificación de LaLiga SmartBank debido a “varios factores. Houbo moitos cambios respecto da temporada pasada. Hai moitos xogadores novos e o último día de mercado incorporáronse máis. Pensabamos que en pretemporada nos preparamos ben, pero a competición é diferente. Aínda temos que madurar máis para dar mellor rendemento. Xogamos partidos e dámonos conta das cousas que facemos ben e as cousas que temos que mellorar”.

Do encontro do próximo domingo 29 de setembro ante o CD Mirandés (21:00 horas, Movistar LaLiga 1) en ABANCA-RIAZOR, o internacional xaponés subliña que “gañar é o mellor medicamento para nós e para os nosos afeccionados. Non podo falar aquí da táctica e do que estamos a traballar no campo, pero o primeiro é non recibir ningún gol como o día do Cádiz e xogar como un equipo, como un bloque. En ataque, case todos os partidos marcamos. Nese aspecto queremos seguir nesta liña”.

-Texto resumo de rcdeportivo.es

-Rolda de prensa completa no vídeo

Abaixo de todo da web en “Vídeos Recomendados” tes tódolos vídeos que vai colgando o RC Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es