ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE E OUTRAS NOVAS

 

Rolda de prensa de Borja Valle

Xa podes ver na parte dabaixo da nosa web o vídeo da rolda de prensa que deu esta mañán en Abegondo Borja Valle e na que falou da importanza da vitoria ante o Mallorca, así coma de poñer tódalas forzas en derrotar ao Elxe o vindeiro Domingo a partires das 20:00 horas, (18:00 GMT), e “sen mirara o que fagan os outros, nos temos que ior a gañar o encontro, pois se nos non gañamos de nada valerá o que fagan os outros. Temos que mirara para o noso encontro”. O ponferradino agradeceu a visita e o apoio do novo presidente que lles amosou : “tranquilidade e pideunos que tomásemos estes dous encontros que nos quedan como se fosen os últimos”.

 

Visita de Paco Zas os equipos da canteira e femininos

Abaixo nos “Vídeos Recomendados” podes ver o vídeo ca rolda de prensa de Borja Valle, así coma o vídeo da visita do presidente Paco Zas ao Fabril e ao equipo feminino, inmerso na Copa Galicia tralo ascenso a Liga Iberdrola. O novo presidente deulle unha pequena charla os canteiráns e canteiranas e pideulles a máxima entrega as cores deportivistas, que eles ían a mirar moito para a canteira.

 

“I Torneo Nacional da Liga Promises Feminino”

Tamén podes ver o vídeo do “I Torneo Nacional da Liga Promises Feminina”, que terá lugar en Abegondo.

LaLiga organiza o ‘I Torneo Nacional Feminino LaLiga Promises’ e en colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, o torneo xogarase os próximos 21, 22 e 23 de xuño na Cidade Deportiva Abegondo. Deste xeito, o Dépor e as súas instalacións pasarán á historia do fútbol formativo feminino nacional.

A competición estará integrada por 14 equipos de categoría sub12 feminina. Con esta nova competición, LaLiga, no seu apoio e impulso ao fútbol feminino, pon en marcha un torneo que é xa un clásico no fútbol base masculino: LaLiga Promises. Un total de 13 equipos da liga Iberdrola terán representación no torneo: Athletic Club, RCD Espanyol de Barcelona, Atlético de Madrid Feminino, Sevilla FC, R. Betis Balompié, Levante UD, Rayo Vallecano de Madrid, Fundación Albacete Balompié, Sporting Club Huelva, Málaga CF, Valencia CF Feminino, Madrid CFF e UD Granadilla Tenerife; ademais do propio Dépor, que xogará a próxima temporada na elite e que este ano participa como equipo anfitrión do torneo.

O torneo poderá seguirse por Gol Televisión e LaLigaSportsTV, o que supón un paso máis na aposta de LaLiga polo impulso e visibilidade do fútbol feminino.

 

Íñigo López en libertade con cargos

O central deportivista íñigo López que foi deyido no día de onte por presunto amaño de partidos con outros 6 detidos, tal como xa vos informamos cando saltou a nova, foi posto en libertade con cargos.

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies