ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PREVIA AO DEPOR-TUDELANO : “HAI QUE GAÑAR OS TRES QUE QUEDAN PARA QUEDAR SEGUNDOS”.

Tan pronto nos chegue o vídeo con todo o que dixo, colgarémolo aquí.

Borja Jiménez pasou por rolda de prensa como cada semana o día antes do encontro de turno. Desta volta visítanos un CD Tudelano ante o que non hai que baixar a garda, como lle pasou a semana pasada aos fenómenos do Racing de Santander, que tras gañar sobrados a liga caeron por 3-0 ante os tudelanos, neste caso non dulteran a liga, xa que por desgraza os de Tudela xa están descendidos, pero como se non estivesen. Non se debe baixar o rendemento e iso é o que lle pide borja Jiménez aos seus, que non se poden durmir pra acabar nunha importante segunda praza.

“Estamos moi mentalizados de que quedan tres partidos moi importantes para ser segundos. Ten pinta de que ata o último día ímosnolo/ímonolo a xogar todo. Temos que gañar mañá, e logo a pensar en Valladolid. Só gañar os tres partidos vai asegurar ser segundo”.

Falou sobre as baixas na lista de convocados de Álvaro Rey e Trilli. Sobre o primeiro dixo que “non hai que correr riscos”, xa que deu un susto no adestramento, e sobre o segundo, (ambos adestraron co grupo esta semana) : “Non ten a alta médica, non se atopa ben. Ten a doenza que lle mantivo apartado e non está apto para xogar. Ten unha limitación importante no pé. Está lonxe de competir”.

Antre outras moitas cousas tamén falou do Tudelano : “O outro día gañou con moita solvencia ao Racing. Non perdeu nos catro últimos partidos. Posiblemente estean no seu mellor momento. Ten que quedar moi claro desde o minuto 1 o que nos xogamos nós. A visita de Riazor é o partido especial para todos”.

E deu a sua opinión sobre a nefasta actuación dos comités no tema da aliñación indebida : “A miña opinión non é máis que a de calquera outro afeccionado. Aí están os datos, hai sentenzas idénticas a esta. Só podemos centrarnos en gañar mañá e ser segundos. Estás situacións fannos máis fortes a nós”.

No vídeo con todo o que dixo.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piaratsdemuxia