ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ : “ESTE É UN PRIMEIRO PASO, QUEDAN OUTROS 37”.

 

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “estivemos a bo nivel para ser o primeiro partido de liga. Quedo coa conexión que houbo con #ANOSAFORZA desde o primeiro momento. Foi moi bonito todo o que pasou”.

E a continuación, o técnico deportivista apunta que tamén queda co equipo, “porque demostrou unha capacidade de adaptarse ás diferentes situacións que nos ía poñendo o partido, aos cambios de sistema, os propios xogadores entendían o que estaba a ocorrer… Estou moi sorprendido por como se comportaron, polo esforzo que fixeron, pola xente que non saíu de inicio e que saíu moi enchufada. Tres dos cambios achegaron gol”.

No entanto, advirte que “isto non se acabou hoxe. É un primeiro paso. Quedan 37 por dar. Temos que ter os pés no chan. Díxenlles aos rapaces no inicio que “nin hoxe imos ser os mellores nin o peores se perdésemos. Mañá é luns, hai que volver traballar, preparar o partido de Tudela; e gozar dos poucos minutos que nos quedan até mañá, que é Tudelano e Tudelano”.

A nivel persoal, “poder ter a toda esta xente como animou hoxe, todo ABANCA-RIAZOR, o fondo… Foi algo moi bonito, para min unha experiencia que levarei sempre comigo por ser o meu primeiro partido. Pés no chan. Virán momentos que os necesitemos tanto ou máis que hoxe; cando non nos salga o golpeo polo recanto, cando non nos saian os taconazos… Cando non nos salga todo iso ímolos a necesitar. Desde o primeiro minuto estiveron desde un nivel altísimo”.

Subliña en definitiva que “a conexión con #ANOSAFORZA é fundamental porque estamos nunha situación na que necesitamos a todo o mundo”.

Tivo palabras para os dous xuvenís, Trilli e Noel, protagonistas esta noite ante o RC Celta B: “Hai que ter paciencia, hoxe estiveron a un bo nivel. Hoxe poden estar a un bo nivel, son rapaces moi novos pero igual que nós terán días malos. Hai que coidalos, que o sigan facendo igual de ben que hoxe. Tamén Alberto, que está connosco no día a día, Yeremay… O estar moito ou pouco no primeiro equipo vai depender do seu compromiso, que iso non falta, e sobre todo do nivel. Teñen que estar concentrados. Son xente moi nova, pero non teño ningún medo a que teñan que xogar”.

-Foto, Vídeo e Texto : rcdeportivo.es