RESUMO DO TERUEL 1-3 DEPOR E ROLDAS DE PRENSA DE IDIAKEZ, PABLO MARTÍNEZ E BALENZIAGA.

O Depor sumou unha nova vitoria a domicilio.

 

CD Teruel 1-3 Depor

Mala primeira metade na que nos fomos o descanso con 1-1, pero que ben podería terse ido o equipo turelense con vitoria. Saeu forte o equipo local ante un Depor que tratou de apagar o xogo. Nun balón colgado a banda esquerda o xogador local baise por velocidade de José Ángel e Balenciaga e centra o corazón do área pequena, Parreño despexa e Borja Martínez só no punto de penalti recibe o rexeite e marca a pracer. Na primeira metade da liga este gol faría que o equipo se viñese abaixo, pero este é outro Depor e pouco tempo despois un centro magnífico de José Ángel dende banda dereita e o máis puro estilo Djalminha busca a barbero, xa atento e a espera do centro, gáñalle a posición o defensa local, controla e fusila a gol.

Puido poñerse por diante o equipo locatario nunha saida en falso a fora do área de Parreño pero con todo para marcar e sen porteiro manda o balón fora. Antes do descanso ainda gozaron doutra boa ocasión a saida dun saque de curruncho.

No descanso Idiakez debeu lerlle a carilla o equipo que xa saeu doutra maneira. Yeremay colleu máis o medio e nunha gran asistencia a Barbero este driblaba o meta Taliby e marcaba a porta baleira. Un gol de puro “9”. O gol non amilanou aos turolenses, pero este Depor xa non se arruga nen se ven atrás senón que segue a procura de máis goles e desta volta foron os “enfants terribles”. Mella foise de canto se lle puxo por diante, entrou na área e foi obra de penalti, pero o rexeite do balón foille na banda dereita do área a Yeremay que mandou un zambombazo a escadra da porta para facer o 1-3.

Ata o final o máis destacado foi unha xogada individual de Yeremay que bailou a todo canto lle saeu por diante e foi obxeto de penalti, que o colexiado a dous metros non quixo pitar, como tampouco pitou minutos antes un de Hugo Rama a un xogador local. Ximo Navarro tivo unha parecida a do gol de Yeremay pero non topou porta e Hugo Rama puido facer o cuarto nun lanzamento de falta que parou Taliby.

Quen somos e quen nos volvemos, de dar vergoña cada vez que xogábamos fora a ser mellor conxunto a domicilio, con 34 puntos en 17 partidos. O Depor ademáis só perdeu un dos últimos 21 encontros, suma 11 vitorias e 2 empates nos últimos 13 partidos. Ou o que é o mesmo, 35 dos últimos 39 puntos posibles.

CD Teruel : Taliby, Aitor Pascual, Sierra, Arnau Gaixas, Julen, Nacho Castillo (Ahn, min. 60), Fran Tena (Villa, min. 74), Aparicio (Facu García, min. 60), Romero (Alastuey, min. 60), Borja Martínez e Gabarre (Naranjo, min. 74).

Depor : Germán, Ximo Navarro (Paris Adot, min. 88), Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jose Ángel, Mella (Cayarga, min. 88), Hugo Rama (Rubén López, min. 80), Yeremay e Barbero (Davo, min. 84).

Goles : 1-0 Borja Martínez (min. 19); 1-1 Barbero (min. 24); 1-2 Barbero (min. 47); 1-3 Yeremay (min 57).

Árbitro : Alejandro Morilla Turrión (c. navarro). Cartón amarelo a Fran Tena (min. 42), Borja Martínez (min. 72), Yeremay (min. 90+4) e Alastuey (min. 90+4).

Incidencias : Partido correspondente á 32ª xornada do grupo 1 Primera Federación disputado no Estadio Pinilla ante 2.927 espectadores, con máis de medio milleiro de deportivistas nas bancadas. Ximo Navarro saeu lesionado no minuto 88 a espera de ver o alcance da sua lesión. Yeremay veu un cartón amarelo polo que o chegar os 5 non poderá xogar o vindeiro sábado, (19:00 horas/18:00 GMT), ante a Cultural Leonesa, no “Día das Peñas”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto e roldas de prensa : RC Deportivo

-Vídeo do encontro : RFEF