O Corme feminino novo lider da 3ª Galega G2.
Tal e como xa vos apuntamos na previa e na axenda do fútbol costeiro este pasado Domingo 7 de Xaneiro do 2024 voltaba a competición para os nosos equipos da Preferente Norte e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago no fútbol senior de homes, e para as ligas da 1ª División Galega, 2ª e 3ª, nas mulleres. Nos homes no que temos como único representante o Sofán, comezaba o ano con vitoria a domicilio, en na 1ª Galicia G2, vitorias de Esteirana, Dumbría e Fisterra, empate do Baio e derrota do San Lorenzo.
No que se refire as mulleres, na 1ª División Galega Feminina o lider Bergantiños comezaba con vitoria para seguir no máis alto, e na 2ª División, vitorias de Xallas e Ceee e derrota do Miúdas. Na 3ª Galega Feminina G2, na que os equipos son cáseque todos costeiros, o Corme derrotaba o lider Dumbría no encontro da xornada, desbancando as dumbriesas do primeiro posto, sumando 36 puntos polos 34 das dumbriesas, estando cun encontro menos as de Dumbría. Con esta vitoria quedan só invictas as do Roncudo. Outra das sorpresas deste inicio de ano foi a derrota do Ponteceso ante o Nicrariense, unha derrota que impide as da Terra de Pondal engancharse as de arriba.
Durante o día poñeremos as crónicas desta primeira xornada do 2024 de todas estas ligas, cos comentarios dos adestradores, tanto das masculinas como das femininas.
-RESULTADOS-
-Foto : Fin Lema
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”