A Real Federación Galega de Fútbol fíxolle chegar a RFEF unha serie de propostas como subsedes as posibles sedes de A Coruña e Vigo para encontros do Mundial de Fútbol 2030 que se celebrará conxuntamente por España, Portugal e Marrocos. Tralo envío destes informes dos posibles campos para os adestramentos das seleccións a Federación Española está estes días recorréndoos e levantando informes.
No día de onte visitaron as instalacións de Afouteza, o campo de Pardellas en Ponteareas, o estadio de Pasarón e o campo de Baltar en Portonovo.
Para o mércores están previstas as visitas aos campos de Burgáns (Cambados), A Senra (Ribadumia), Vero Boquete (Santiago), Vista Alegre (Ordes), Ponte dos Brozos (Arteixo) e as instalacións do RC Deportivo en Abegondo.
O xoves será a quenda de A Malata en Ferrol e de A Magdalena en Vilalba, rematando as visitas o venres no Anxo Carro en Lugo e o renovado estadio O Couto de Ourense.
O total de posibles subsedes de Riazor e Balaidos telos na foto.
-Foto : RFGF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”