PRIMEIRA ROLDA DE PRENSA DE IRENE FERRERAS, ADESTRADORA DO DEPORTIVO FEMININO.

 

Na mañán de hoxe o RC Deportivo levou a cabo a presentación da nova adestradora do Deportivo Feminino, Irene Ferreras, e trala mesma deu unha rolda de prensa na que foi preguntada pola sua fichaxe e por diversos asppectos do que será o seu equipo.

“Desde a primeira entrevista dinme conta que é un club diferente que se podería axustar ao que busco. O fútbol feminino é moi pequeno e falei con xente que estivo aquí e recomendoume vir, que era o mellor para a miña carreira”, comentou Irene.

Participou nas decisións da fichaxes, pero ainda lle falta algo o equipo pois non se amosou contenta de todo co plantel que ten : “Estou bastante contenta coa configuración da plantilla. É equilibrada e con xogadoras polivalentes. Nas incorporacións fun parte activa. Destacaría que son xogadoras con ganas de crecer e este club vai ofrecer a oportunidade”, pero con todo eso, tamén mira o filial : “Doulle moita importancia no filial e a súa achega permítenos manter a intensidade no día a día do primeiro equipo. A priori temos o persoal moi compensado e temos a posibilidade de incorporar algo máis no caso de que haxa algo que mellore moito. O día a día diranos se necesitamos algo máis, pero en principio estou contenta co que teño”.

É cauta a hora de falar do obxetivo do equipo, e quer ir día a día : “Cando falamos de Dépor Abanca entendo que se fale do máximo. Pero as contas non valen ao principio. Será unha liga moi igualada e a mensaxe é o día a día. Non penso máis aló. Cando te pos obxectivos moi ambiciosos, se cadra non construímos antes ferramentas para xestionar esa presión”.

A rolda de prensa completa, tan pronto nos chegue o vídeo, que o colgaremos o inicio do artigo.

 

Porteiras

Yohana Gómez

Lucía Alba

Nuria Gómez (Dépor ABANCA B)

Defensas

Inés Altamira

Raquel García

Patri López

Cris Martínez

Samara Ortiz

Lorena Reina

Paula Novo (Dépor ABANCA B)

Centrocampistas

Paula Gutiérrez

Henar Muiña

Carlota Sánchez

Eva Dios

Letti Sevilla

Paula Monteagudo (Dépor ABANCA B)

Marta Rico (Dépor ABANCA B)

Atacantes

Laura Fernández

Ainhoa Marín

Aroa Guerra

Carlota Suárez

Millene Cabral

Marta Charle

Tati Barcia (Dépor ABANCA B)

Corpo técnico

Adestradora: Irene Ferreras

Segunda adestradora: Cris Oreiro

Preparador físico: Manuel Posse

Preparador de porteiras: Juan Carlos Aguiar

Médico: Álex Mejuto

Fisioterapeuta: Pablo Carrascosa

Nutricionista: Álex Santiso

Delegado: Miguel García Esmorís

 

Seis amigables de pretemporada confirmados

Será no mes de agosto cando o Dépor ABANCA dispute o seu primeiro encontro preparatorio, o sábado 6 fronte ao Valadares Gaia FC portugués. 

Con posterioridade medirase a SD Eibar (mércores 17), Viaxes Interrías FF (domingo 21), Real Oviedo (domingo 28) e Athletic Club B (sábado 3 de setembro). Ademais, tamén disputará o X Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR. 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo 

-Texto : piratasdemuxia/La Voz de Galicia/RC Deportivo