PREVIA : HOXE SÁBADO SABERASE O CAMPIÓN ABSOLUTO XUVENÍL DA COSTA E MAÑÁN DOMINGO O INFANTIL, ADEMÁIS DE QUENES IRÁN A PROMOCIÓN DE ASCENSO.

O Sofán parte con vantaxe nos xuvenís.

 

FINAL XUVENÍS

Hoxe sábado 23 de Abril xógase a volta da final polo título absoluto da costa e un posto na promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil no campo carballés de “O Carral”, (Sofán). No encontro de ida desta final o SD Sofán derrotaba ao Cabana SD por 0-1, cun gol “in extremis” no tempo de desconto final. O encontro será a partires das 17:30 horas e será dirixido por Marcos Ordóñez Rodríguez.

 

FINAL INFANTÍS

Outes FC e Xallas FC xogánse mañán Domingo 24 de Abril o título de campión absoluto da costa e un posto na promoción de ascenso a Liga Galega Cadete no campo “O Conchido” da Serra de Outes. Os xalleiros parten ca ventaxe de 4-2 do encontro da ida, a pasada semana en Santa Comba. O choque comezará a partires das 11:00 horas e será dirixido por Gustavo Vidal Fonseca.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia