PREVIA DAS LIGAS FEMININAS CON EQUIPOS COSTEIROS : “VOLVE ESTA FIN DE SEMANA O FÚTBOL FEMININO”

O Bergantiños comezará defendendo o liderarto en Tordoia.

 

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO A

O Bergantiños FC Feminino, único equipo costeiro desta categoría, afrontará se non hai problemas extraoficiais polo tema COVID-19, o fútbol, despois de estar sen competir dende o 12 de Nadal do 2021, no que empataba a ceros, (9-0), co Victoria CF, farao visitando ao SD Tordoia, no que se podería catalogar como derbi o vindeiro Domingo 09 de Xaneiro no Campo A Rega a partires das 12:15 horas. As bergantiñistas comezan o ano na primeira posición con 16 puntos, un máis co SD Orzán. 

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

Catro son os equipos costeiros que temos nesta categoría, e que retoman o fútbol, se non hai problemas extraoficiais polo tema COVID-19, e tomando o órde na clasificación, o UC Cee, segundo clasificado tralo CF Noia, (a 1 punto), visita o Victoria CF C o Domingo 9 de Xaneiro, no Campo Municipal do Sergas, a partires das 16:00 horas.

O UD Cerqueda, 5º clasificado con 14 puntos, os mesmos co Cacheiras SD, que marca os postos que dan acceso a segumnda fase do campionato, recibe no Xaviña de Buño aos Praiña Sporting Club, (8º con 9 puntos), o vindeiro Domingo día 9 a partires das 19:00 horas.

O Xallas FC volve a competición na 7ª posición con 9 puntos e faino o Domingo, visitando no CM de Vila ao CD Unión, 6º con 13 puntos.

Comezo complicado para o ED As Miúdas que visita o Domingo ao SR Calo no Campo de Rebordelo a partires das 12:00 horas. O rival das muradanas ocupa a cuarta praza con 14 puntos, i é o equipo que marca os postos de acceso a 2ª Fase, co UD Cerqueda detrás cos mesmos puntos, pero con peor golaveraxe.

 

COPA FEMININA FÚTBOL 7-GRUPO SANTIAGO

Nesta competición só temos ao CF Mazaricos Feminino, e serán as que máis tarde retomen a actividade, pois non será ata o vindeiro 15 de Xaneiro, cando volvan a xogar. As mazariquenses que ocupan a 1ª posición na liga con 13 puntos, un máis co EFB Terra de Montes, visita no Santa Isabel, de Santiago, ao CF Vista Alegre, con horario ainda por determinar, sempre e cando non haxa parón extraoficial polo tema COVID-19.

 

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia