PREVIA DA PENÚLTIMA XORNADA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA7SANTIAGO : “4 DOS 6 EQUIPOS DA COSTA CON MOITO EN XOGO”.

 

Penúltimo cartucho para 4 dos 6 equipos da costa nesta penúltima tirada da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. O Xallas recibe ao Cordeiro, 7º clasificado que ainda que depende de outros resultados tentará gañar os dous encontros que quedan para ter algunha opción de meterse na promoción, unha promoción que marcan os xalleiros con 2 encontros máis ca o seu rival. O Dumbría recibe ao lider Cidade de Ribeira, que ainda que xa é campión fai un par de semanas non baixou o listón, como xa amosou en Baio. Os dumbrieses mirarán de reollo a “Fontenla”, pois están a 2 puntos do Xallas e cos mesmos co Cordeiro, pero co golaveraxe gañado.

Na loita por afastarse dos postos de arrastres a Esteirana visita ao Vista Alegre, colista e xa descendido fai varias semanas e o Baio nas mesmas loitas cos de Esteiro e empatado a puntos con eles recibe ao Calo, que está en “Terra de ninguén”, pero que con 5 puntos sobre baieses e esteiráns, pode certificar a permanenza. Pola sua banda o Soneira no medio e medio da táboa, recibe o Flavia, que cos mesmos 63 puntos co Xallas buscará certificar a permanenza. Os vimianceses  tomarán o encontro coma unha preparación para a Costa, que comezará en duas semanas. O Mazaricos visita ao segundo clasificado, SD Negreira, que xa ten asegurada a segunda praza. Único encontro que non se xoga no horario unificado das 17:00 horas do Domingo 7 de Maio, dado que non se xoga nada, (18:00 horas). Este por proximidade e porque o Negreira foi equipo da costa, pode catalogarse como un derbi.

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”