PREVIA DA 4ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN GALEGA GRUPO NORTE.

 

 

No que se refire aos equipos da nosa zona o Bergantiños CF na 4ª praza con 5 puntos buscará ante o Racing Vilalbés a primeira vitoria nas Eiroas, (17:00 horas). Os vilalbeses chegan o campo carballés a un punto dos de José Luis Lemos pero cun encontro menos, tras unha vitoria e un empate. 

No Arasolis o SD Fisterra, colista tras duas derrotas nos dous únicos encontros que xogou, buscará no derbi zonal ante o UD Paiosaco os primeiros puntos, (17:00 horas). Os de “Peisaco” chegan o campo fisterrán con 2 puntos tras duas igualadas e unha derrota, nos 3 encontros que lean xogado.

O Fabril, terceiro con 5 puntos, os mesmos co Bergantiños CF, (4º), a 1 punto do segundo, Viveiro CF e a dous do lider UD Somozas, (8 puntos), recibe en Abegondo, (16;30 horas), ao CSD Arzúa, 8º con 2 puntos de duas igualadas e unha derrota.

O Club Silva SD buscará na sua visita ao Agrupación Estudiantil, (17:00 horas), a primeira vitoria do curso, tras tres empates nas 3 primeiras xornadas. Os estudiantiles suman un empate e duas derrotas neste inicio de liga.

O encontro da xornada xógase no “Cantarrana”, onde o Viveiro CF, (2º), recibe ao lider UD Somozas, (12:00 horas). Un “handicap” no día de hoxe vai a ser a climatoloxía, en especial nos campos de céspede artificial.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia