PREVIA : BERGANTIÑOS CF-POLVORÍN FC : “O BERGANTIÑOS PODE FINALIZAR O ANO NO MÁIS ALTO”.

 

O Bergantiños CF recibe esta tarde nas “Eiroas” ao Polvorín FC a partires das 17:00 horas, nun choque no que os pupilos de José Luis Lemos poden rematar como líderes en solitario se suman como mínimo 1 punto. Os de Carballo empatan a 23 puntos na clasificación co UD Somozas, ao que se enfrontarán o vindeiro 3 de Xaneiro do 2021, ás 17:00 horas, tamén en feudo bergantiñista, un choque que tamén foi suspendido na derradeira xornada por mor dun positivo nos das Somozas.

Este encontro que foi aprazado na 6ª xornada o haber positivos no plantel carballés, estará dirixido polo colexiado Álvaro Juncal Moreira, asistido nas bandas por Pedro Cores e Diego Vidal. Será televisado en direto pola TVG2.

Ambos conxuntos chegan cunha serie de bos resultados que dará moita emoción o choque. Os carballeses están invictose suman 6 vitorias consecutivas. O filial do CD Lugo suma seis encontros consecutivos sen perder e este será para eles o primeiro de 3 encontros en 10 días. O seguinte será o 3 de Xaneiro na sua casa recibindo ao SD Fisterra, encontro aprazado da 1ª xornada e o día 6 visitan o Vilalbés. 

-Foto e Texto : piratasdemuxia