PREFERENTE NORTE G1A : O UD PAIOSACO FAILLE UN “SET” AO BOIMORTO CF, (6-0),PRIMEIRA DERROTA DO FISTERRA, E O XALLAS SEGUE SEN LEVANTAR CABEZA.

 

4ª Xornada

UD Paiosaco Hierros Añón 6-0 Agrupación Estudiantil

O equipo de Peisaco deuse un festía na volta a Porta Santa, cunha extraordinaria segunda metade na que lle pasou por enriba a un descoñecido Boimorto. Un gol en propia porta do visitante Oliver aos 7 minutos de xogo abría o marcador favorable aos locais. Adrián antes da media hora facía o 2-0, (27´). Xa na segunda metade os peisaqueses pasaron o rodillo, con goles de Alberto, (50´), Crístian por partida dobre, (64´e 78´), o primeiro de penalti, e Alejandro no desconto final, facía o do “Set”.

Xallas FC 0-4 CD Boiro

Correctivo do CD Boiro ao Xallas FC que suma a terceira derrota en 4 encontros. Os boireses xa se puxeron por diante as primeiras de cambio, cun tanto de Pereira aos 3 minutos de xogo. A media hora de xogo facía o 0-2 por medio de Marcos e controlaban o xogo na segunda metade na que os xalleiros buscaron meterse no encontro pero un gol do visitante Eloy a 5 minutos do final finiquitaba o cjhoque. O cuarto chegou no descanso e de penalti tranformado por Javier.

 

SD O Pino 1-0 SD Fisterra

Primeira derrota do equipo fisterrán que era o único que sumaba a vitoria por encontro. Os fisterráns nun choque moi diusputado encaixaban un tanto no 52, obra de David Pereiro. O resultado curto fixo que puidese pasar calquer cousa ata o pitido final, cos locais buscndo contras e os costeiros tentando neutralizar o gol local, pero non chegaría o ansiado gol. Con esta derrota os de Fisterra perden o liderato en detrimento do Atlético Arteixo que os supera nun punto tras derrotar ao Sigüeiro FC.

 

SD Dubra 1-0 Laracha CF

Un tanto de David Noya aos 20 minutos de xogo foi suficiente para o Dubra para levarse os 3 puntos ante un Laracha que suma a terceira derrota en 4 choques disputados. Pola sua banda os dubreses suman a sua terceira vitoria e engánchanse a cabeza da táboa a 1 punto do lider.

 

Puebla FC 3-0 Agrupación Estudiantil

Partido prácido do Puebla que suma a sua primeira vitoria, ante os “estudiantís”, que ainda non puntuaron neste curso. Os barbanzáns deixaban ben encarrilado o encontro no derradeiro treito da primeira metade con goles de Santiago, (32´) e Brais, (43´), o definitivo 3-0 chegaba por medio de Adao no 77´.

 

Atlético Arteixo 1-0 Sigüeiro FC

Encontro moi disputado e tenso o vivido no Ponte dos Brozos no que o adestrador arteixán, Juan Emilio Riveiro era expulsado con dobre cartón no minuto 24 e acababan con cartón ata 5 xogadores locais por 2 visitantes. Eduardo a volta de vestiarios facía o gol que lle daba os 3 puntos e o liderato en solitario ao clube arteixán, trala derrota do Fisterra no Pino, (1-0).

 

-Foto : UD Paiosaco

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies