“Pasillo de campión” do Outes ao Coristanco.

-Todo peixe vendido a falla dunha xornada para o remate-
Castríz-Camariñas e Porteño-Outes os encontros de promoción
Aquí tedes tódolos resultados, clasificación e vindeira xornada da 3ª da Costa na que o empate do lidere campión de liga, SD Coristanco sumou un empate ante o Outes CF no “Conchido”, (2-2), e poderá a vindeira semana finiquitar a liga invicto, (cousa que están buscando), se non perde o vindeiro sábado ante o Sporting Seaia CF, nun choque que será unha festa para a SD Cosristanco e para os seus siareiros, así coma para todo o pobo. O lider que se adiantrou aos 13 minutos de xogo cun tanto de Sergio, vía como quedaba cun menos aos 23 minutos de xogo por expulsión con dobre cartón de Rubén. Remontaba o Outes CF con tantos de Joaquín, (16´) e David, (57´), pero a pesares da inferioridade numérica, Alejandro acadaba o empate para seguir na loita polo soño de acabar invictos, no ano que cumpren o 40 da sua fundación. O Outes CF felicitou por megafonía ao clube cosristanqués e fíxolle o “Pasillo de campión”. Polo demáis, xa quedou todo o peixe vendido, pois o empate do FC Camariñas no derbi ante o SD Camelle, (2-2), e a derrota do CF Castrelo ante o SD Castríz, (2-4), fai que estén decididas tanto as prazas de promoción, coma o sentido dos choques. Desta maneira o SD Castríz, que pase o que pase a vindeira xornada, última da liga, será 3ª e xogará contra o FC Camariñas, 6º, faga o que faga para a semana, ao igual ca o CF Porteño, (4º) e o Outes CF, que se enfrontarán na primeira eliminatoria da promoción daquí a 15 días. O Cabana SD xa ascendido derrotaba ao CF Porteño, (2-4), nun encontro no que non se xogaban nada ningún dos dous. Pola sua banda o UD Corcubión derrotaba ao FS As Baleas, (3-0), con goles de Álex Agulleiro, (23´), Mario, (80´) e Diego, (85´), este último de penalti. O CD Nantón derrotaba a domicilio ao Sporting Seaia CF, (1-4), quedando os nantoneses as portas da promoción. O derbi camariñán tivo goles, emoción, e 3 expulsados con vermello direto. Polo equipo camariñán, Raúl, (43´) e o goleador Djibril, (90´) e polo camellán, Jose, (90´). Adiantáronse os camelláns cun tanto de Mario, (29´), e conseguía empatar Djibril para os locais a media hora de xogo. Xa na segunda metade o propio Djibril facía o segundo para os camariáns e para sua conta particular, materializando un penalti, (75´). A igualada facíaa tamén de penalti para os camelláns, Varu, (80´)…Abre a nova o completo para ver os resultados, a clasificación da liga e de pichichis, e a vindeira xornada.
-RESULTADOS-
-25ª Xornada-
 23  e 24 de Marzal do 2019
 
   CF Porteño 2-3 Cabana SD
  UD Corcubión 3-0 FS As Baleas 
Sporting Seaia CF 1-4 CD Nantón 
Outes CF 2-2 SD Coristanco
FC Camariñas 2-2 SD Camelle
CF Castrelo 2-4 SD Castríz

Descansa :  SD Laxe

 
 
CLASIFICACIÓN

-26ª Xornada-

-Derradeira xornada de liga-

 31 de Marzal do 2019

   Cabana SD – SD Laxe

 FS As Baleas – CF Porteño

CD Nantón – UD Corcubión

SD Coristanco – Sporting Seaia CF

SD Camelle – Outes CF

SD Castríz – FC Camariñas

Descansa :  CF Castrelo

-PICHICHI-

-Sebas, (SD Castríz) : 35

-Iván Mato, (Cabana SD) : 29, (4 de penalti)

-Djibril, (FC Camariñas) : 24, (3 de penalti)

-Samuel, (SD Coristanco) : 19, (1 de penalti)

-Adrián Lema, (SD Laxe) : 16, (1 de penalti)

-Santi Álvarez, (Outes CF) : 16

-Xuco, (SD Coristanco) : 14, (1 de penalti).

-Pablo Pose, (Cabana SD) : 13

(Os goles que recollemos son os que aparecen nas actas arbitrais).

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-