Roberto, co compañeiro Isaac o fondo, (Sporting Zas Xuvenil).
Sporting Zas 4-0 SD Coristanco
O equipo zacense xuvenil ascende provisionalmente a cuarta praza da clasificación tras disputar o encontro da 14ª xornada dos Xuvenís da Costa que foi suspendido polo temporal e que se disputou no San Andrés, (Zas), na tarde deste xoves 26 de Nadal.
Os rapaces do Sporting Zas derrotaron por 4-0 ao SD Coristanco colista da competición con goles de Antonio Vila, en propia porta aos 7 minutos e con goles na segunda metade de Hugo, (54´), Mario, (55´) e Damián, (90´).
O groso dos encontros desta xornada suspendida xogaranse o 4 de Xaneiro do 2020.
Sporting Zas : Adrián, Xabier, Marcos, Eloy, Damién, Anibal, Isaac, Rodrigo, Martín, Mario e Hugo. Tamén xogaron : Manuel, Pablo, Gabriel e Mateo.
SD Coristanco : Samuel, Adrián, Rubén, Miguel, David, Fabién, Alejandro, Adrián Alvarellos, Antonio, Diego e Camafreita. Tamén xogaron : Alejandro, Rubén Álvarez, Joel e Mario.
Goles : 1-0, Antonio Vila, (7´); 2-0, Hugo, (54´); 3-0, Mario, (55´); 4-0, Damián, (90´)
Árbitro : Chrístian Sendón.
–Fotos : Roberto/Sporting Zas
-Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.